bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 20
Exodus 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 21 →
1
O Señor pronunciou estas palabras:
2
—"Eu son o Señor, o teu Deus, que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.
3
Non terás xunto comigo outros deuses.
4
Non farás para ti imaxes nin figura ningunha do que hai enriba no ceo, nin abaixo na terra, nin nas augas de debaixo da terra.
5
Non te prostrarás diante delas nin as adorarás, pois eu, o Señor teu Deus, son un Deus celoso. No caso dos que me aborrecen, eu castigo os pecados dos pais nos fillos, nos netos e nos bisnetos.
6
Pero no caso dos que me aman e gardan os meus preceptos, eu mostro misericordia por todas as xeracións.
7
Non pronunciarás en van o nome do Señor o teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo ó que pronuncia en van o seu nome.
8
Pensa no día do sábado, para o faceres día santo.
9
Traballarás seis días na semana, e neles farar a túa tarefa.
10
Pero o día sétimo é sábado, dedicado ó Señor o teu Deus. Nel non farás traballo ningún, nin ti, nin o teu fillo, nin a túa filla, nin o teu servo, nin a túa serva, nin o teu gando, nin o forasteiro que habite nas túas cidades.
11
Porque o Señor fixo en seis días o ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles, e no sétimo día descansou. Por iso mesmo bendiciu o Señor o día do sábado e declarouno día santo.
12
Honra a teu pai e a túa nai, para que a túa vida sexa longa na terra que o Señor teu Deus che dá.
13
Non matarás.
14
Non cometerás adulterio.
15
Non roubarás.
16
Non darás un testemuño falso contra o teu próximo.
17
Non cobizarás a casa do teu próximo: nin a súa muller, nin o seu escravo, nin a súa escrava, nin o seu boi, nin o seu asno, nin nada de canto é seu".
18
O pobo enteiro percibía os tronos, os lóstregos, o soar da trompeta e o fumegar do monte. A vista diso tremía e mantíñase lonxe.
19
Dicíanlle a Moisés: —"Fálanos ti, e escoitaremos; pero que non nos fale Deus, non sexa que morramos".
20
Moisés respondeulles: —"Non teñades medo. Deus vén para probarvos e para que teñades á vista o seu temor e non pequedes".
21
O pobo quedou lonxe, e Moisés aproximouse á nube mesta, onde estaba Deus.
22
O Señor díxolle a Moisés: —"Fálalles ós israelitas: Vós mesmos puidestes ver como vos dirixín a palabra desde o ceo.
23
Non faredes deuses de prata para poñelos ó meu lado, nin vos fabricaredes deuses de ouro.
24
Faime un altar de terra e ofréceme sobre el os holocaustos e os sacrificios de comuñón, as túas ovellas e as túas vacas. En calquera sitio onde eu faga o meu nome memorable, virei onda ti e bendicireite.
25
Se me fas un altar de pedra, non o fagas de pedra labrada, pois ó picar a pedra co punteiro, lixaríala.
26
Non subas ó meu altar por escaleiras, para non mostrares desde elas as túas partes.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40