bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 32
Exodus 32
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 33 →
1
Vendo o pobo que Moisés se demoraba en baixar da montaña, xuntouse ó redor de Aharón e díxolle: —"Anda, fainos un deus que vaia diante de nós, pois ese Moisés, o home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del".
2
Respondeulles Aharón: —"Collede das vosas mulleres e dos vosos fillos e fillas os pendentes de ouro que levan nas orellas e traédemos".
3
Todo o mundo quitou os pendentes de ouro das orellas e tróuxollos a Aharón.
4
El recibiunos das súas mans, e fixo do metal fundido un becerro, modelado a cicel. O pobo exclamaba diante del: —"Este é o teu Deus, Israel, que te sacou de Exipto".
5
En vendo isto Aharón, construíu un altar diante do becerro. E proclamou: —"Mañá será festa en honor do Señor".
6
A mañá seguinte o pobo ergueuse cedo; ofreceron holocaustos e sacrificios de comuñón, sentaron todos a comer e a beber, e logo puxéronse a danzar.
7
O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, baixa da montaña, porque o teu pobo, o que sacaches de Exipto, perverteuse.
8
Desviáronse axiña do camiño que eu lles indicara. Fixéronse un becerro de metal, próstranse diante del, ofrécenlle sacrificios e pregoan: Este é o teu Deus, Israel, o que te sacou de Exipto".
9
E díxolle o Señor aínda a Moisés: —"Vexo que este pobo ten a cerviz dura.
10
Deixa, pois, que agora se acenda a miña ira contra eles e os consuma. Pero a ti convertereite nun gran pobo".
11
Entón rogou Moisés ante o Señor, o seu Deus: —"Por que, Señor, se ten que acender a túa ira contra o teu pobo, que con moito poder e con man rexa sacaches de Exipto?
12
Por que haberían dicir os exipcios: Sacounos arteiramente, para matalos nas montañas e varrelos da face da terra? Vólvete atrás do teu noxo e renuncia ó castigo que pensaches contra o teu pobo.
13
Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".
14
E o Señor renunciou ó castigo co que ameazara ó seu pobo.
15
Moisés baixou do monte coas dúas táboas da alianza na súa man. Estaban escritas polos dous lados,
16
e eran obra de Deus: o gravado nas táboas era escritura de Deus.
17
En oíndo Xosué a algueirada do pobo, díxolle a Moisés: —"Óense berros de loita no campamento".
18
Moisés respondeulle: —"Non son aturuxos de vitoria, nin salaios de desfeita, senón que son cantos o que oio".
19
Cando chegou ó campamento e viu o becerro e a danza, Moisés anoxouse moito, tirou as táboas da man e crebounas na aba da montaña.
20
Logo agarrou o becerro que fixeran, queimouno e moeuno, ata convertelo en po, e fíxollelo beber ós israelitas.
21
Moisés díxolle a Aharón: —"Que che fixo este pobo, para que deixases caer enriba del un pecado tan grave?"
22
Respondeulle Aharón: —"Que non se anoxe o meu señor. Ti sabes que este pobo é inclinado ó mal.
23
Dixéronme: Fainos un deus que nos conduza, pois ese Moisés, o home que nos sacou de Exipto, non sabemos que foi del.
24
Eu díxenlles: Quen de entre vós ten ouro? Eles recolleron ouro e trouxéronmo. E eu fundino, e saíu este becerro".
25
Vendo Moisés que o pobo estaba desbocado, pois deixárao desbocarse Aharón, expoñéndoo ó riso dos inimigos,
26
púxose á entrada do campamento e berrou: —"Comigo os que están polo Señor!" E fóronse con el todos os levitas.
27
El díxolles: —"Isto manda o Señor, o Deus de Israel: Cinguide cada un a súa espada, ide e vide de porta en porta polo campamento e que cada un mate ó seu irmán, ó seu amigo, ó seu parente".
28
Os levitas cumpriron o mandado de Moisés, e aquel día caeron cerca de tres mil homes do pobo.
29
Díxolles Moisés: —"Recibide hoxe a investidura do Señor. Cada un, a costa do fillo ou do irmán, hoxe merecestes a súa bendición".
30
O día seguinte Moisés díxolle ó pobo: —"Cometestes un grave pecado. Agora subirei onda o Señor, para ver se vos obteño o perdón".
31
Volveu, pois, Moisés onda o Señor e dixo: —"Recoñezo que este pobo cometeu un grave pecado, ó facerse un deus de ouro.
32
Pero rógoche que agora lle perdoes o pecado. E se non, táchame a min tamén do libro onde rexistras".
33
O Señor respondeulle a Moisés: —"Do meu rexistro tacharei ó que pecou.
34
Pero agora vai e leva o pobo a onde che mandei. O meu anxo irá diante de ti. O día da conta pedireille as contas do pecado".
35
O Señor castigou ó pobo, por veneraren o becerro que lles fixo Aharón.
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 33 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40