bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 7
Exodus 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 8 →
1
O Señor díxolle a Moisés: —"Voute pór no lugar de Deus para o faraón, e teu irmán Aharón será o teu profeta.
2
Ti dirás todo o que eu che mando, e teu irmán Aharón diralle ó faraón que deixe saír os israelitas da súa terra.
3
Eu endurecerei o corazón do faraón, e farei moitos sinais e moitos milagres en Exipto.
4
O non darvos creto o faraón, eu porei sobre Exipto a miña man e sacarei as multitudes do pobo de Israel daquela terra con fortes escarmentos.
5
Os exipcios aprenderán que eu son Iavé, cando alongue a miña man contra o Exipto e saque de alí os israelitas".
6
Moisés e Aharón fixeron exactamente o que lles mandaba o Señor.
7
Moisés tiña oitenta anos e Aharón oitenta e tres, cando falaron co faraón.
8
O Señor díxolles a Moisés e a Aharón:
9
—"Cando o faraón vos diga: Facédeme algún milagre, ti mandarás a Aharón: Colle a vara e bótaa diante do faraón. E converterase en serpe".
10
Moisés e Aharón entraron onda o faraón e fixeron o que o Señor lles tiña ordenado. Aharón botou a vara diante do faraón, e converteuse en serpe.
11
O faraón mandou chamar ós seus sabios e feiticeiros, e os magos exipcios fixeron iso mesmo cos seus encantamentos.
12
Cada un botou polo chan a súa vara e convertéronse en cobras. Pero a vara de Aharón enguliu as dos magos.
13
O faraón teimou na súa e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.
14
O Señor díxolle a Moisés: —"O faraón ponse duro e non deixa saír o pobo.
15
Vai onda el mañá cedo, cando sae para o río. Agárdao á beira do Nilo e leva na man a vara que se trocou en serpe.
16
Diraslle así: Iavé, o Deus dos hebreos, mandoume dicirche isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto no deserto. Ata agora non fixeches caso aínda.
17
Iavé di: Nisto poderás recoñecer que eu son Iavé. Coa vara que levo na man baterei na auga do Nilo e trocarase en sangue.
18
Os peixes morrerán, as augas federán e os exipcios terán noxo de beber auga do río".
19
O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Colle a túa vara e alonga a man sobre as augas de Exipto: os ríos, os canais, as lagoas e depósitos, e que se troquen todos en sangue. Haberá sangue en todo o Exipto, mesmamente nos recipientes de madeira e de pedra".
20
Moisés e Aharón fixeron o que o Señor lles mandara. Aharón ergueu a vara, bateu nas augas do río, á vista do faraón e dos seus servidores, e as augas do río trocáronse en sangue.
21
Os peixes morreron, as augas fedían e os exipcios non podían beber auga do Nilo. Por todo o país de Exipto había sangue.
22
Pero os magos de Exipto fixeron tamén iso cos seus encantamentos. O faraón endureceuse e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.
23
Voltou para o seu pazo e non pensou máis naquilo.
24
Os exipcios cavaban pozos nas ribeiras do río, buscando auga que beber, pois a auga do río non servía.
25
Pasados sete días desde que o Señor batera o Nilo,
26
díxolle o Señor a Moisés: "Vai onda o faraón e comunícalle que isto di Iavé: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.
27
Se non o deixas saír, infestarei de ras todo o país.
28
O Nilo ferverá con elas, subirán ó teu pazo, á cámara do teu leito, enriba da túa cama, ás casas dos teus ministros e de todo o teu pobo, ós teus fornos e artesas.
29
Ti, os teus servidores e todo o teu pobo quedaredes cubertos de ras".
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40