bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 33
Exodus 33
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 34 →
1
O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, ti e o pobo que trouxeches de Exipto e sube de aquí cara á terra, da que eu xurei a Abraham, a Isaac e a Xacob: Daréillela ós vosos descendentes.
2
Eu mandarei diante o meu anxo, desbotarei da terra ós cananeos, ós amorreos, ós hititas, ós perizitas, ós hivitas e ós iebuseos,
3
e vós entraredes nesa terra que zumega leite e mel. Eu non irei entre vós, cun pobo que ten a cerviz dura, non sexa que vos destrúa no camiño".
4
Cando o pobo escoitou estas tan duras palabras, fixo loito, e ninguén puxo as súas galas.
5
O Señor díxolle a Moisés: —"Dilles ós israelitas: Sodes un pobo de cerviz dura. Se por un momento subise entre vós, acabaría convosco. Agora tirade de enriba os atavíos que levades, e verei que fago convosco".
6
Os israelitas desprendéronse das galas que levaban, desde o monte Horeb.
7
Moisés levantou a Tenda e plantouna lonxe, fóra do campamento; e chamouna Tenda do Encontro. O que quería visitar o Señor, saía do campamento e ía fóra del, á Tenda do Encontro.
8
Cando Moisés saía cara á Tenda, a xente agardaba de pé, á entrada das súas tendas, ollando como Moisés entraba na Tenda do Encontro.
9
Cando Moisés entraba na Tenda, baixaba a columna de nube e pousábase na entrada, mentres Deus se comunicaba a Moisés.
10
O pobo todo podía ver a columna de nube pousarse na entrada da Tenda, e todos se erguían e se prostraban, cada un á porta da súa tenda.
11
O Señor falaba con Moisés cara a cara, coma un home co seu amigo. Despois Moisés volvía para o campamento; pero o seu servidor Xosué, fillo de Nun, non se ía da Tenda.
12
Moisés díxolle ó Señor: —"Ti mándasme conducir este pobo, pero non me indicaches aínda a quen mandas comigo, por máis que me teñas dito: Coñézote polo nome e concédoche o meu favor.
13
Agora, pois, se merezo o teu favor, ensíname o teu camiño, para que eu te coñeza e faga por merecer o teu favor. Mira por esta xente que é o teu pobo".
14
O Señor respondeulle: —"Irei eu mesmo contigo e dareiche o repouso".
15
Moisés insistiu: —"Se non vés ti mesmo connosco, non nos fagas rubir de aquí,
16
pois como poderiamos saber, eu e mais este teu pobo, que contamos co teu favor, se non no feito de que veñas ti connosco? Entón avantaxariamos, eu e mais este teu pobo, a todos os pobos que hai sobre a terra".
17
O Señor respondeulle a Moisés: —"Concedereiche isto tamén, pois contas co meu favor e coñézote polo nome".
18
Entón Moisés pediu: —"Móstrame a túa gloria".
19
O Señor respondeulle: —"Farei pasar diante de ti todo o meu ben e pronunciarei diante de ti o nome do Señor, pois fago favores a quen quero e mostro misericordia con quen quero".
20
E engadiu: —"Pero non poderás ver a miña cara, porque non pode verme un home e despois seguir vivindo".
21
E dixo aínda o Señor: —"Aí tes un lugar cerca de min. Ponte de pé naquel penedo.
22
Cando a miña gloria pase, metereite nunha greta e tapareite coa man, ata que eu teña pasado.
23
Cando retire a miña man, poderás verme polas costas, pero non poderás ver a miña cara".
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 34 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40