bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 38
Exodus 38
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 39 →
1
Fixo tamén o altar dos holocaustos de madeira de acacia, cadrado, de cinco cóbados de longo, cinco de ancho e tres de alto.
2
Nos catro ángulos fíxolle saíntes coma cornos e revestiunos de bronce.
3
Fixo logo os trebellos do altar, todos de bronce: caldeiros, paletas, aspersorios, tenaces e braseiros.
4
O altar fíxolle, de bronce, un enreixado da forma dunha rede, e púxollo por debaixo do reborde, desde a media altura ata o chan.
5
Para os catro ángulos do enreixado de bronce fundiu catro argolas, para meter por elas os varais.
6
Logo fixo os varais de madeira de acacia e recubriunos de bronce.
7
Meteunos polas argolas dos dous lados do altar, para transportalo con elas. O altar fíxoo oco e de táboas.
8
Fixo a pía de bronce, coa base tamén de bronce, cos espellos das mulleres que servían á entrada da Tenda do Encontro.
9
Despois fixo o adro. Púxolle polo lado sur cortinas de liño fino torcido, dun longo de cen cóbados.
10
As súas vinte columnas cos seus vinte baseamentos eran de bronce; os ganchos das columnas e as argolas eran de prata.
11
Polo lado norte púxolle cen cóbados de cortinas; as súas vinte columnas cos seus vinte baseamentos eran de bronce; os ganchos das columnas e as argolas eran de prata.
12
Polo lado do ocaso o adro levaba cincuenta cóbados de cortinas, con dez columnas e dez baseamentos e con ganchos e argolas de prata.
13
Na parte dianteira, de cara ó nacente, levantou cincuenta cóbados de cortina.
14
Nun lado da porta ían quince cóbados de cortina, con tres columnas e tres baseamentos.
15
Do lado oposto, a mesma cousa.
16
As cortinas arredor do adro eran todas de liño fino torcido.
17
Os baseamentos das columnas eran de bronce, os ganchos e as argolas de prata, e revestidos tamén de prata os capiteis. As columnas do adro levaban todas aneis de prata.
18
A cortina da entrada do adro era bordada, de púrpura violácea, escarlata e carmesí, e de liño fino torcido; tiña vinte cóbados de longo por cinco de alto, correspondía coa altura das cortinas do adro.
19
As catro columnas das que colgaba a cortina, coas súas basas, eran de bronce, os ganchos de prata, os capiteis e as molduras recubertas tamén de prata.
20
As estacas arredor do tabernáculo e do adro eran todas de bronce.
21
Estas son as contas da construción do tabernáculo da alianza, segundo as fixeron os levitas, por orde de Moisés, baixo a dirección de Itamar, fillo do sacerdote Aharón.
22
Besalel, fillo de Urí, fillo de Hur, da tribo de Xudá, fixo todo o que o Señor lle mandara a Moisés.
23
Axudoulle Oholiab, fillo de Ahisamac, da tribo de Dan, artesán, escultor e bordador de púrpura violácea, escarlata e carmesí, e de liño fino.
24
A suma do ouro empregado na construción do santuario, todo levado en ofrenda, foi de vinte e nove talentos, con setecentos trinta siclos, segundo o siclo do templo.
25
A prata dos rexistrados no censo da comunidade sumaba cen talentos, con mil setecentos setenta e cinco siclos, segundo o siclo do templo.
26
Correspondía a cada un dos censados, de vinte anos para arriba, a cantidade de medio siclo, segundo o siclo do templo. O total de homes era de seiscentos tres mil cincocentos cincuenta.
27
Os cen talentos de prata empregáronse en fundir os cen baseamentos do santuario e do veo, a talento por baseamento.
28
Cos mil setecentos setenta e cinco siclos fixéronse os ganchos para as columnas, dotáronse as molduras e revestíronse os capiteis.
29
O bronce ofrecido foi de setenta talentos, con dous mil catrocentos siclos.
30
Con el fixéronse os baseamentos da entrada da Tenda do Encontro, o altar de bronce coa súa reixa e os obxectos todos do altar,
31
os baseamentos arredor do adro e as da súa porta, e todas as estacas do tabernáculo e do adro.
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 39 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40