bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 14
Exodus 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 15 →
1
O Señor díxolle a Moisés:
2
—"Dilles ós israelitas que fagan un rodeo e que acampen diante de Pi-hahirot, entre Migdal e o mar, enfronte de Baalsefón, e que poñan as tendas cara ó mar.
3
O faraón pensará: Os israelitas andan perdidos no país; o deserto péchalles o paso.
4
Eu endurecerei o corazón do faraón, de xeito que se botará a perseguirvos, e eu mostrarei a miña gloria á conta súa e dos seus exércitos. Entón saberán os exipcios que eu son Iavé". Os israelitas fixeron o mandado.
5
Dixéronlle ó rei de Exipto que o pobo fuxira. O corazón do faraón e o dos seus ministros volvéronse contra el, e dicían: —"Que fixemos, deixando saír do noso servizo a Israel?"
6
O faraón mandou que enganchasen o seu carro, e mobilizou o seu exército.
7
Tomou seiscentos carros escolleitos e logo os outros carros de Exipto con todos os xefes do exército.
8
O Señor endureceu o corazón do faraón, rei de Exipto, para que perseguise ós israelitas, que saían co brazo ergueito.
9
Os exipcios perseguíronos e atrapáronos, acampados onda o mar. A cabalería, os carros, os cabaleiros e o exército enteiro do faraón chegaron a Pi-hahirot, diante de Baalsefón.
10
Cando o faraón se aproximaba, ergueron os israelitas a súa vista e viron ós exipcios que corrían tras deles. E, cheos de medo, clamaron cara ó Señor.
11
Dixéronlle a Moisés: —"Seica non había sepulturas en Exipto, para que nos fixeses vir morrer no deserto? Que ben nos fixeches con sacáresnos de Exipto?
12
Non che diciamos xa alí: Déixanos, que nós serviremos ós exipcios? Mellor nos era servilos que vir morrer no deserto".
13
Moisés respondeulles: —"Non teñades medo. Mantédevos enteiros e veredes a salvación que vos concederá hoxe o Señor. Os exipcios que hoxe vedes, non os veredes nunca máis.
14
O Señor loitará por vós. Vós agardade calados".
15
O Señor díxolle a Moisés: —"Que queixas son esas cara a min? Manda ós israelitas que se poñan en marcha.
16
Ti ergue a vara, alonga a man sobre o mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas pasen polo medio a pé enxoito.
17
Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros.
18
O mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son Iavé".
19
O anxo de Deus, que ía diante das hostes de Israel, cambiouse e púxose detrás. Tamén se moveu de diante para detrás a columna de nube.
20
Púxose entre os exércitos de Exipto e os de Israel. A nube por unha banda era de tebra e pola outra alumaba a noite, de xeito que en toda a noite non puideron aproximarse os uns ós outros.
21
Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor removeuno cun vento forte do leste, que soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas.
22
Os israelitas entraron polo medio do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e á súa esquerda.
23
Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros, entraron no mar tras deles.
24
Cerca da madrugada, ollou o Señor desde a columna de nube e de lume para o campamento exipcio e cubriuno de confusión.
25
Pexou as rodas dos carros, de xeito que non podían case que andar. Os exipcios entón dixeron: —"Fuxamos dos israelitas, pois Iavé loita por eles contra nós".
26
O Señor díxolle a Moisés: —"Estende a man cara ó mar, e as augas volveranse sobre os exipcios, os seus carros e os seus cabaleiros".
27
Moisés alongou a man cara ó mar e, contra a mañá, este volveu ó seu sitio.
28
Os exipcios, fuxindo, deron con el, e o Señor alagounos nas súas augas. As augas, ó xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e todo o exército do faraón, que entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un.
29
Os israelitas pasaron a pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á súa dereita e á súa esquerda.
30
Aquel día salvou o Señor a Israel do poder dos exipcios. Israel puido ver na beira do mar os exipcios mortos.
31
Israel recoñeceu con que man poderosa o Señor tratara ós exipcios. O pobo temeu ó Señor e creu nel e no seu servo Moisés.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40