bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 18
Exodus 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 19 →
1
Ietró, sacerdote de Madián, sogro de Moisés, soubo o que Deus fixera con Moisés e co seu pobo Israel, ó sacalos de Exipto.
2
Ietró recollera a Séfora, muller de Moisés, cando este se despedira,
3
e tamén ós seus dous fillos, un chamado Guerxom, por aquilo de que "Forasteiro fun en terra allea",
4
e outro de nome Eliézer, que quere dicir: "O Deus de meu pai é quen me axuda e quen me librou da espada do faraón".
5
Ietró, sogro de Moisés, foi cos fillos e coa muller ó encontro do seu xenro, no deserto, onde acampaba Moisés na montaña de Deus.
6
Mandoulle dicir a Moisés: —"Eu son o teu sogro Ietró, que te veño ver coa túa muller e cos teus fillos".
7
Moisés saíu ó encontro do seu sogro; inclinouse e bicouno; saudáronse e entraron na tenda.
8
Moisés contoulle ó seu sogro o que Deus fixera co faraón e cos exipcios por mor de Israel, e as coitas que tiveran na viaxe e como o Señor os librara delas.
9
Ietró alegrouse de todo o ben que o Señor fixera a Israel, librándoo da man dos exipcios.
10
E dixo: —"Bendito sexa o Señor que vos librou do poder dos exipcios e da man do faraón e que salvou o pobo do xugo de Exipto.
11
Agora sei que o Señor é máis ca todos os deuses, pois así o mostrou cando eles se erguían contra vós".
12
Despois Ietró, sogro de Moisés, ofreceu a Deus sacrificios e holocaustos. Aharón e todos os anciáns de Israel viñeron e comeron con el na presenza de Deus.
13
O día seguinte sentouse Moisés para xulgar as contendas do pobo. A xente acudía onda Moisés desde a mañá á noite.
14
O ver Ietró o que o seu xenro facía polo pobo, preguntoulle: —"Por que fas así coa xente? Por que te sentas ti só a xulgar, coa xente toda ó redor, da mañá á noite?"
15
Moisés respondeulle a seu sogro: —"A xente vén onda min para consultar a Deus.
16
Cando teñen un preito, acoden onda min, para que eu decida e lles ensine os mandamentos e as leis de Deus".
17
O sogro aconselloulle: —"Non está ben o que fas.
18
Dese xeito esgotarédesvos, ti e mais o pobo que vai contigo. A tarefa reborda das túas forzas, e non poderás cumprila só.
19
Agora faime caso. Eu dareiche un consello, e que Deus estea contigo. Ti representarás ó pobo diante Deus, levando á súa presenza os seus preitos.
20
E ó pobo recoméndalle os mandamentos e as leis, ensínalle o camiño que han seguir e as cousas que han facer.
21
Procura no medio do pobo homes de valer e que teñan temor de Deus, homes firmes, inimigos da cobiza, e ponos á fronte do pobo, como xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.
22
Eles xulgarán ó pobo a calquera hora. Que che leven a ti os preitos graves, e que resolvan eles os pequenos. A tarefa será máis livián para ti, se eles levan contigo o peso.
23
Se fas como che digo, poderás aturar ese traballo que Deus che ordenou, e todo este pobo chegará con ben ó seu destino".
24
Moisés escoitou as palabras do seu sogro, e fixo o que lle aconsellaba.
25
Elixiu de entre todo Israel homes de valer e púxoos á cabeza do pobo, coma xefes de mil, de cen, de cincuenta e de dez.
26
Administraban xustiza a calquera hora. Os preitos graves levábanllos a Moisés e os pequenos xulgábanos eles.
27
Moisés despediuse do seu sogro, e este volveu para a súa terra.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40