bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 5
Exodus 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 6 →
1
Moisés e Aharón presentáronse ó faraón para lle dicir: —"Isto di Iavé, o Deus de Israel: Deixa saír o meu pobo, para que celebre a miña festa no deserto".
2
Respondeulles o faraón: —"E quen é Iavé, para que eu o obedeza e deixe saír a Israel? Non coñezo a Iavé, e non deixarei saír a Israel".
3
Eles dixeron: —"O Deus dos hebreos chámanos. Déixanos facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos un sacrificio a Iavé o noso Deus, e que non nos fira coa peste ou coa espada".
4
O rei de Exipto respondeulles: —"Moisés e Aharón, por que molestades o pobo no traballo? Ide cumprir co voso labor".
5
E engadiu: —"Eles son un pobo xa numeroso no país, e agora queredes que deixen o traballo".
6
Aquel día ordenoulles o faraón ós capataces e ós gardas:
7
—"Non sigades dándolle palla a esa xente que prepara os adobes, como faciades ata agora. Que a busquen eles mesmos.
8
Pero esixirédeslles a mesma cantidade de adobes que facían ata hoxe, sen rebaixarlles nada, pois son uns lacazáns. Por iso berran, dicindo: Queremos ir ofrecer un sacrificio ó noso Deus.
9
Póndelle a esa xente un traballo máis duro. Que se entreteñan con el e que non lles dean creto a contos mentireiros".
10
Foron os capataces e os gardas e faláronlle ó pobo: —"Isto di o faraón: Non seguirei provéndovos de palla.
11
Ide vós mesmos buscala onde queira que a haxa. Pero a vosa tarefa non ha minguar en nada".
12
A xente espallouse por toda a bisbarra, á pescuda de restrollo para a palla dos adobes.
13
Os capataces apremábanos, dicíndolles: —"Acabade a xeira do día, como cando tiñades palla".
14
Os capataces do faraón batían nos inspectores israelitas que eles mesmos puxeran á cabeza da xente, e dicíanlles: —"Por que non completades agora a cantidade asignada, coma nos días pasados?"
15
Os inspectores israelitas fóronse queixar ó faraón: —"Por que tratas os teus servos deste xeito?
16
Sen nos daren a palla, esíxennos que fagamos os adobes. Os teus servos levan os paus, cando a culpa é do teu pobo".
17
O faraón respondeulles: —"Lacazáns é o que vós sodes, lacazáns. Por iso andades dicindo: Queremos ir ofrecer un sacrificio a Iavé.
18
Ide traballar agora mesmo. Non se vos dará a palla; pero vós entregaredes os adobes que vos tocan".
19
Os inspectores israelitas víronse nun apuro, cando lles dixeron: —"Non minguará en nada a cantidade de adobes asignada".
20
E, ó que saíron de ver o faraón, foron falar con Moisés e Aharón, que os estaban agardando.
21
Dixéronlles: —"Que o Señor olle o voso feito e que xulgue. Fixéstesnos aborrecer polo faraón e polos seus servidores, e puxésteslles na man a espada para que nos maten".
22
Moisés volveuse cara ó Señor e rogou: "Señor, por que aflixes a este pobo? Para que me mandaches?
23
Desde que entrei onda o faraón para falarlle no teu nome, el trata peor ó teu pobo, e ti non fas nada por libralo".
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40