bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 19
Exodus 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 20 →
1
O día en que se cumprían os tres meses da saída dos israelitas de Exipto, chegaron ó deserto do Sinaí.
2
Procedentes de Refidim, chegaron ó deserto do Sinaí e acamparon alí, ó pé do monte.
3
Moisés subiu ó encontro de Deus, e o Señor chamouno desde a montaña, para mandarlle dicir ós descendentes de Xacob, comunicarlles ós israelitas:
4
—"Vistes como tratei ós exipcios, como vos levantei a vós sobre ás de aguia e vos acheguei a min.
5
Se agora me obedecedes e gardades a miña alianza, seredes a miña propiedade escolleita entre todos os pobos, pois a terra é toda miña.
6
Vós seredes para min un reino de sacerdotes, un pobo consagrado. Isto é o que lles has dicir ós israelitas".
7
Moisés foi chamar os anciáns de Israel, para exporlles as palabras que lle mandara o Señor.
8
O pobo todo a unha respondeu: —"Faremos todo o que dixo o Señor". Moisés volveu onda o Señor coas palabras do pobo.
9
O Señor díxolle a Moisés: —"Voume acercar a ti na mesta nube, para que o pobo oia como falo contigo e para que en diante crea en ti". Moisés levoulle ó Señor a resposta do pobo.
10
O Señor díxolle a Moisés: —"Volve onda o pobo. Purificádevos hoxe e mañá, que laven a roupa
11
e que estean preparados para de aquí a tres días, pois no terceiro día baixará o Señor sobre o monte Sinaí, á vista de todo o pobo.
12
Ti fixaraslle ó pobo un lindeiro ó arredor da montaña e diraslle: Gardádevos de subir pola montaña, e mesmo de aproximarvos ás súas abas. O que se aproxime á montaña, morrerá.
13
A ese tal non o tocaredes coa man, senón que o mataredes a cantazos ou con frechas. O mesmo se é un animal coma se é un home, non quedará con vida. Só cando soe o corno, poderán subir á montaña".
14
Moisés baixou da montaña onda ó pobo. Purificouno e fíxolle lavar a roupa.
15
Despois díxolles: —"Estade preparados para o terceiro día, e que ningún home se achegue á súa muller".
16
O amañecer do terceiro día houbo trebóns e lóstregos, e unha nube mesta cubría a montaña. A trompeta soou moi forte e o pobo no campamento arrepiaba co medo.
17
Moisés fixo saír o pobo do campamento, e levouno ó encontro de Deus. Quedaron todos en pé na aba da montaña.
18
O monte Sinaí fumegaba todo, porque o Señor baixara sobre el en medio de lume. Subía fume coma dun forno e toda a montaña tremía.
19
O son da trompeta facíase máis forte, mentres Moisés falaba e Deus respondíalle polo trebón.
20
O Señor baixou sobre o monte Sinaí, ó seu cume, e chamou por Moisés, para que subise onda El. E Moisés subiu.
21
O Señor díxolle a Moisés: —"Baixa e advírtelle ó pobo que non traspasen os lindeiros para veren o Señor, pois morrerían moitos deles.
22
Tamén os sacerdotes que se aproximen ó Señor terán que se purificar, para que non rompa contra eles o Señor".
23
Moisés díxolle ó Señor: —"O pobo non poderá subir ó monte Sinaí, pois ti mesmo nos advertiches: Facede un lindeiro ó redor da montaña e declarádea sagrada".
24
O Señor respondeulle: —"Anda, baixa, e sube despois con Aharón. E que nin os sacerdotes nin o pobo traspasen os lindeiros para subir onda o Señor, non sexa que rompa contra eles".
25
Moisés baixou e advertiulle iso ó pobo.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40