bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 39
Exodus 39
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 40 →
1
Con púrpura violácea, escarlata e carmesí, e con liño fino fixeron as vestiduras sagradas para o servizo do santuario, e os ornamentos sacros de Aharón, como ordenara o Señor a Moisés.
2
O efod fixérono de ouro, de púrpura violácea, escarlata e carmesí, e de liño fino torcido.
3
Puxeron o ouro en láminas, delas tiraron fíos e con estes bordaron a púrpura violácea, escarlata e carmesí, e o liño fino torcido.
4
Fixéronlle dúas ombreiras, unidas polos cabos.
5
O cíngulo saía do efod, e era da feitura deste: de ouro, de púrpura violácea, escarlata e carmesí, e de liño fino torcido, como mandara o Señor a Moisés.
6
Prepararon pedras de ónix, engastadas en ouro, e gravaron nelas, o mesmo ca nun selo, os nomes das tribos de Israel.
7
Colocáronas nas ombreiras do efod, pois eran as pedras da lembranza das tribos de Israel, como lle mandara o Señor a Moisés.
8
Fixeron o peitoral, traballado con arte, da mesma feitura do efod, de ouro, púrpura violácea, escarlata e carmesí, e de liño fino torcido.
9
Era cadrado, dobre, un palmo de longo e un de ancho.
10
Engastaron nel catro ringleiras de pedras. Na primeira unha sardónica, un topacio e unha esmeralda;
11
na segunda un rubí, un zafiro e un xaspe;
12
na terceira un ópalo, unha ágata e unha ametista;
13
e na cuarta un crisólito, un ónix e un berilo. As pedras estaban todas engastadas en ouro.
14
Correspondíanse cos nomes das tribos de Israel, doce pedras para doce nomes. Cada pedra levaba gravado coma un selo o nome dunha das doce tribos.
15
Para o peitoral fixeron cadeíñas de ouro puro, trenzadas coma un cordón.
16
Por parte prepararon dous engastes de ouro e dous aneis tamén de ouro. Os aneis fixáronos nos dous cabos do peitoral.
17
Pasaron logo por eles as dúas cadeíñas de ouro
18
e as dúas puntas das cadeíñas fixáronas nos engastes que ían collidos na dianteira das ombreiras do efod.
19
Outros dous aneis que fixeron puxéronos nos cabos da parte baixa do peitoral, polo lado de dentro, de cara para o efod.
20
E outros dous aneis máis fixáronos nas dúas ombreiras do efod, na parte inferior dianteira, onda a xuntura e por enriba do cíngulo do efod.
21
Cun cordón de púrpura violácea suxeitaron os aneis do peitoral cos do efod, de xeito que o peitoral quedase por enriba do cíngulo do efod e non se soltase del, como mandara o Señor a Moisés.
22
Teceron despois o manto do efod, todo de púrpura violácea.
23
No medio, por enriba, levaba unha abertura, cunha orla arredor, coma unha cota, para que non se esgazase.
24
No borde baixo, ó redor, puxéronlle granadas de púrpura violácea, escarlata e carmesí, e de liño fino torcido.
25
Fixeron logo campaíñas de ouro puro e puxéronllas por entre as granadas, ó redor,
26
Alternándose unhas coas outras. O manto era para oficiar, como ordenara o Señor a Moisés.
27
Para Aharón e para os seus fillos fixeron túnicas,
28
tiaras e mitras de liño fino con enfeites, e calzóns de liño fino torcido;
29
e, por parte, cíngulos de liño fino torcido, bordados, de púrpura violácea, escarlata e carmesí, como o Señor lle ordenara a Moisés.
30
Fixeron tamén de ouro puro a flor da sagrada diadema e gravaron nela, como se fai nun selo: Consagrado ó Señor.
31
Cun cordón de púrpura violácea suxeitárona na dianteira da tiara, como o Señor mandara a Moisés.
32
Quedaron así acabados os traballos do tabernáculo e da Tenda do Encontro. Os israelitas fixeron todo como lles mandara Moisés.
33
Entón presentáronlle a Moisés o tabernáculo e a Tenda, con todos os seus utensilios, os broches, as táboas, os varais, as columnas e os baseamentos;
34
A cuberta de pel curtida de carneiro, a cuberta de pel de teixugo, o veo de tapar a arca;
35
A arca da alianza, os seus traveseiros e mais o propiciatorio;
36
A mesa cos seus accesorios e mais os pans presentados;
37
o candelabro de ouro puro coas súas lámpadas, cos seus trebellos e co aceite do alumado;
38
o altar de ouro, o óleo da unción, o incenso cos aromas, a cortina da entrada da Tenda;
39
o altar de bronce coa súa reixa de bronce, cos seus varais e outros trebellos, a pía co seu fuste;
40
A cortina do adro coas súas columnas e os seus baseamentos, a cortina da entrada do adro coas súas cordas e as súas estacas, e todas as demais cousas para o servizo do tabernáculo e da Tenda do Encontro;
41
As vestiduras para o servizo do santuario e os sagrados ornamentos para oficiar o sacerdote Aharón e seus fillos.
42
Os israelitas fixeron o traballo como o Señor lle ordenara a Moisés.
43
Moisés examinou todas as obras, e viu que estaban feitas conforme lle mandara o Señor. E deulles a súa bendición.
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 40 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40