bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 2
Exodus 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 3 →
1
Un home da tribo de Leví casou cunha muller da mesma tribo.
2
A muller quedou embarazada e deu a luz un neno. Atopábao moi fermoso e tívoo encuberto por tres meses.
3
Cando xa non podía encubrilo por máis tempo, colleu unha cesta de xuncos, embreouna de betume e de pez, meteu o neno nela e deixouna nunha xunqueira, á beira do río.
4
Unha irmá do neno axexaba desde lonxe, para ver que ía ser del.
5
Baixou a filla do faraón para se bañar no río e, mentres as súas doncelas paseaban polas beiras, viu a cesta na xunqueira e mandou á súa serva que a trouxese.
6
Abriuna e viu nela un neno que choraba. Condoída del, dixo: —"É un neno dos hebreos".
7
A irmá do neno díxolle á filla do faraón: —"Queres que vaia buscar unha muller hebrea que o críe?"
8
Respondeulle ela: —"Vai". E a rapaza foi chamar a nai do neno.
9
Díxolle a filla do faraón: —"Leva este neno e críamo; pagareiche o debido". Ela colleu o neno e criouno.
10
Cando o neno era xa grande, levoullo á filla do faraón, que o adoptou coma seu fillo. Púxolle por nome Moisés, dicindo: —"Das augas o saquei".
11
Cando Moisés era xa grande, foi un día visitar a seus irmáns, e atopounos coas súas cargas. Viu tamén que un home exipcio batía nun hebreo de entre seus irmáns.
12
Mirou para un lado e para o outro, e certificando que non había ninguén, matou ó exipcio e enterrouno na area.
13
Saíu ó día seguinte e viu dous hebreos pelexando. Díxolle ó agresor: —"Por que bates no teu compañeiro?"
14
Respondeulle el: —"Quen te puxo de xefe ou de xuíz entre nós? Ou pensas matarme, como mataches o exipcio?" Moisés colleu medo, pensando: —"A cousa xa se soubo".
15
A nova chegou ó faraón, que mandou buscar a Moisés para matalo. Pero Moisés fuxiu do faraón e foise refuxiar en Madián. Sentado á beira dun pozo,
16
chegaron sete fillas que tiña o sacerdote de Madián, para sacaren auga e con ela encher os píos e abeberar o rabaño de seu pai.
17
Viñeron os pastores e botáronas de alí. Pero Moisés saíu na defensa delas e abeberoulles os rabaños.
18
En volvendo elas onda seu pai Reuel, este preguntoulles: —"Como é que vides tan cedo hoxe?"
19
Respondéronlle elas: —"Un home exipcio librounos dos pastores, sacounos a auga do pozo e abeberou o noso rabaño".
20
El preguntoulles: —"E onde está? Como deixastes que se fose? Chamádeo para comer".
21
Moisés aceptou habitar con Reuel, e este deulle por muller a súa filla Séfora.
22
Esta deulle a luz un fillo, ó que lle puxo o nome de Guerxom, pensando: —"Son forasteiro en terra allea".
23
Pasado moito tempo, morreu o rei de Exipto. Os israelitas queixábanse e berraban na súa servidume, e os seus xemidos subiron onda Deus.
24
Deus escoitou o seu pranto, lembrou o seu pacto con Abraham, con Isaac e con Xacob,
25
fixouse nos israelitas, recoñeceu os seus sufrimentos.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40