bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 8
Exodus 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 9 →
1
O Señor mandou a Moisés que lle dixese a Aharón: —"Tende a túa man coa vara sobre os ríos, os canais e as pozas, e que a terra de Exipto quede cuberta de ras".
2
Aharón tendeu a man sobre as augas de Exipto, e xurdiron tantas ras, que cubrían a terra.
3
Pero os magos fixeron iso mesmo cos seus encantamentos: fixeron saír ras ata cubrir a terra.
4
O faraón mandou chamar a Moisés e Aharón, para dicirlles: —"Rogade a Iavé que arrede as ras de min e do meu pobo, e deixarei saír o voso pobo, para que ofreza sacrificios a Iavé".
5
Moisés preguntoulle: —"Fai o favor e dime cando hei rogar por ti, polos teus ministros e o teu pobo, para que as ras se arreden de ti e do teu pazo, dos teus ministros e do pobo, e se reduzan ó Nilo".
6
El respondeu: —"Mañá". Díxolle Moisés: —"Será como ti dis, para que saibas que non hai outro coma Iavé, o noso Deus.
7
As ras arredaranse de onda ti, do teu pazo, de onda os teus ministros e o teu pobo, e reduciranse ó Nilo".
8
Moisés e Aharón saíron do pazo real. Moisés rogou a Iavé pola cousa das ras que mandara contra o faraón.
9
O Señor fixo que fose como Moisés lle pedía. E morreron as ras das casas, dos cercados e dos campos.
10
Axuntábanas en moreas, e todo o país fedía.
11
En vendo o faraón que podía folguexar, endureceu o corazón e non lles fixo caso, conforme lles dixera o Señor.
12
O Señor mandou a Moisés que dixese a Aharón: —"Tende a vara e bate o po do chan, para que se troque en mosquitos por toda a terra de Exipto".
13
E fixérono así. Aharón tendeu a man, bateu coa vara na terra, e esta trocouse en moscas, que picaban homes e gando. O po todo do chan converteuse en mosquitos en todo o Exipto.
14
Os magos quixeron facer a mesma cousa, sacar mosquitos cos seus encantamentos, pero non o conseguiron. Os mosquitos picaban nos homes e no gando.
15
Os magos dixéronlle entón ó faraón: —"O dedo de Deus anda aquí". Pero o corazón do faraón endureceu e non lles fixo caso, conforme dixera o Señor.
16
O Señor díxolle a Moisés: —"Mañá érguete cedo, preséntate ó faraón cando sae cara ó río, e dille que Iavé ordena isto: Deixa saír o meu pobo, para que me ofreza culto.
17
Se non o deixas saír, botarei tabáns enriba de ti, dos teus ministros, do teu pobo, da túa xente. Encheranse deles as casas e a mesma terra onde pisan.
18
Ese día farei unha excepción coa terra de Goxén, onde está o meu pobo. Non haberá tabáns nela, para que saibas que estou nesta terra eu, Iavé.
19
Distinguirei entre o meu pobo e o teu. Mañá verás este sinal".
20
O Señor cumpriuno así. Entraron enxames de tabáns no pazo do faraón e nas casas dos seus servos. Toda a terra de Exipto estaba infestada de tabáns.
21
O faraón fixo chamar a Moisés a Aharón, para dicirlles: —"Ide, ofrecede sacrificios ó voso Deus nesta terra".
22
Moisés respondeulle: —"Iso non pode ser, pois o que nós ofrecemos en sacrificio a Iavé, o noso Deus, é abominable para os exipcios. Se sacrificamos o que para eles é abominable, non nos acantazarían?
23
Faremos tres días de camiño no deserto e ofreceremos alí os sacrificios, conforme Deus nos mandou".
24
Dixo o faraón: —"Deixareivos saír e ofreceredes os sacrificios no deserto a Iavé, o voso Deus, coa condición de que non vos alonguedes. E rezade por min".
25
Respondeu Moisés: —"En canto saia de onda ti, rogarei a Iavé e, nese intre, arredaranse os tabáns do faraón, da súa corte, do seu pobo. Pero que o faraón non volva enganarnos, non deixando saír o pobo, para que ofreza sacrificios a Iavé".
26
Moisés saíu de onda o faraón, e púxose a orar cara ó Señor.
27
O Señor fixo que fose como Moisés lle pedía. Os tabáns arredáronse de onda o faraón, da súa corte, do seu pobo, sen quedar sequera un.
28
Pero o faraón endureceuse tamén por esta vez, e non deixou saír o pobo.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40