bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 34
Exodus 34
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 35 →
1
O Señor díxolle a Moisés: —"Labra dúas táboas de pedra, o mesmo cás primeiras. Eu escribirei nelas as palabras que había nas que rompiches.
2
Disponte para mañá. Sube cedo ó monte Sinaí e agárdame alí, no cume da montaña.
3
Que ninguén suba contigo; que non se vexa unha persoa en todo o monte; que non pazan preto del nin ovellas nin vacas".
4
Moisés labrou dúas táboas de pedra, o mesmo cás primeiras. Ergueuse cedo e rubiu ó monte Sinaí, conforme lle mandara o Señor, levando consigo as dúas táboas de pedra.
5
O Señor baixou na nube e parou alí con el. Moisés pronunciou o nome do Señor.
6
O Señor pasou diante del proclamando: —"O Señor, o Señor, Deus compasivo e benfeitor, tardo á ira, rico en amor e lealdade,
7
que garda o seu amor ata a milésima xeración, que perdoa as culpas, os pecados e os erros, pero non declara inocente ó culpado, e castiga as culpas dos pais ata a terceira e a cuarta xeración".
8
Moisés, ó tempo que se prostraba polo chan e adoraba,
9
dixo: —"Se merezo, Señor, o teu favor, pídoche que veñas ti connosco. Este pobo ten cerviz dura, pero ti perdoarás as nosas culpas e pecados e farás de nós a túa herdade".
10
O Señor respondeulle: —"Eu vou facer convosco unha alianza. A vista de todo o teu pobo farei marabillas que nunca se fixeron en ningún país nin nación. Todo o pobo que te rodea poderá ver os feitos do Señor, pois farei por medio de ti cousas marabillosas.
11
Observa o que hoxe che mando. Eu botarei de diante de ti ós amorreos, ós cananeos, ós hititas, ós perizitas, ós hivitas e ós iebuseos.
12
Gárdate de facer pactos cos moradores da terra na que entras, para que logo non teñas contigo unha trapela.
13
Polo contrario, derrubarás os seus altares, crebarás as súas estelas, tronzarás as súas árbores sagradas.
14
Non adorarás deuses alleos, porque o Señor, que leva nome de celoso, éo de verdade.
15
Non concluirás pactos cos moradores do país, non sexa que, despois de se prostituíren cos seus deuses e de lles ofreceren culto, te conviden a comer dos seus sacrificios e ti aceptes.
16
Non tomes de entre as súas fillas mulleres para os teus fillos, non sexa que ó prostituírense elas cos seus deuses, leven á prostitución tamén ós teus fillos.
17
Non te fagas imaxes de deuses.
18
Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, como che mandei, pola festa do mes de abib, pois no mes de abib saíches de Exipto.
19
Todos os primoxénitos son meus; e meus son tamén os primoxénitos machos do teu gando, das ovellas e das vacas.
20
As primeiras crías da asna poderalas rescatar por unha ovella; pero, se non as rescatas, deberalas esnocar. Rescatarás os teus fillos primoxénitos. E non viredes onda min coas mans baldeiras.
21
Seis días traballarás e o sétimo descansarás. Descansarás o mesmo na sementeira coma na recolleita.
22
Celebrarás a festa das Semanas, ó comezo da sega do trigo, e a festa da Colleita, á fin do ano.
23
Tres veces no ano presentaranse todos os varóns diante do Señor, Deus de Israel.
24
Cando eu bote as nacións de diante ti e anchee as túas fronteiras, ninguén cobizará a túa terra, namentres sobes visitar o Señor o teu Deus, as tres veces no ano.
25
Non ofrecerás pan lévedo co sangue do sacrificio. Do sacrificio da festa da Pascua non deixarás quedar nada para o día seguinte.
26
Levarás á casa do Señor o teu Deus os primeiros froitos da túa terra. Non cocerás o cabrito no leite de súa nai".
27
O Señor díxolle a Moisés: —"Pon por escrito estas palabras, pois conforme a elas fago contigo e con Israel esta alianza".
28
Moisés estivo alí co Señor corenta días e corenta noites. Nelas non comeu pan nin bebeu auga. E escribiu nas táboas as palabras da alianza, os dez mandamentos.
29
Cando Moisés baixou do monte Sinaí, traendo consigo as dúas táboas da alianza, non sabía que lle brillaba a pel da cara, por conversar co Señor.
30
O veren que a pel da cara lle brillaba, Aharón e os israelitas tiñan medo de aproximarse a Moisés.
31
Moisés chamou por eles e entón viñeron onda el Aharón e os xefes da comunidade. E Moisés conversou con eles.
32
Despois acercáronse a el todos os israelitas, e Moisés deulles as ordes que recibira do Señor no monte Sinaí.
33
Cando acabou de falarlles, tapou a cara cun veo.
34
Sempre que Moisés entraba onda o Señor para falar con El, quitaba o veo, ata que volvía a saír. Cando saía, dáballes ós israelitas as ordes do Señor.
35
Os israelitas podían ver como lle brillaba a pel da cara. Pero Moisés tapábaa co veo, ata que volvía outra vez a falar con Deus.
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 35 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40