bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 4
Exodus 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 5 →
1
Moisés díxolle ó Señor: —"Os israelitas non me crerán nin farán caso de min. Dirán: O Señor non se che apareceu".
2
O Señor preguntoulle: —"Que é iso que tes na man?" El respondeu: —"Unha vara".
3
O Señor díxolle: —"Tíraa no chan". El tirouna. A vara converteuse nunha cobra, e Moisés fuxía dela.
4
O Señor mandou a Moisés: —"Bótalle a man e cóllea polo rabo". El botoulle a man e agarrouna. E a cobra trocouse de novo en vara na súa man.
5
—"Isto é para que crean que se che apareceu o Señor, o Deus de teus pais, Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob".
6
O Señor díxolle aínda: —"Mete a túa man no peito". El meteuna e, ó sacala, viu que estaba coa lepra, branca coma a neve.
7
Díxolle o Señor: —"Mete outra vez a man no seo". El meteuna e, ó sacala, viu que estaba coma o resto do seu corpo.
8
—"Se non cren nin che fan caso ó primeiro sinal, crerán e farancho ó segundo.
9
Pero se non cresen nin te escoitasen por ningún destes sinais, collerás auga do Nilo, verterala no chan e volverase alí mesmo en sangue".
10
Moisés desculpouse: —"Ai, Señor; eu non son home de labia: non o era antes de hoxe, nin o son desde que ti falas co teu servo. Son torpe de palabra e de lingua".
11
Respondeulle o Señor: —"Quen lles dá ós homes a boca? Quen os fai mudos ou xordos, tortos ou cegos? Non son eu, o Señor?
12
Agora, ti vai. Eu estarei na túa boca e ensinareiche o que has dicir".
13
Moisés dixo: —"Ai, Señor; manda outro, o que a ti che pareza".
14
O Señor enfadouse con Moisés e díxolle: —"Non está aí teu irmán Aharón, o levita? Eu sei que el é un home de palabra fácil. El sairá ó teu encontro e alegrarase de verte.
15
Ti falaraslle a el e porás as miñas palabras na súa boca. Eu estarei na túa boca e na del e ensinareivos o que habedes facer.
16
El falará por ti ó pobo. Será o teu voceiro e ti serás para el coma Deus.
17
Leva na man esa vara, coa que farás os sinais".
18
Moisés volveu para a casa de seu sogro Ietró e díxolle: —"Quero volver a Exipto, onde están meus irmáns, para ver se aínda viven". Respondeulle Ietró: —"Vai en paz".
19
O Señor dixéralle en Madián a Moisés: —"Corre, volve a Exipto, pois os que querían matarte xa morreron".
20
Moisés colleu a súa muller e os seus fillos, montounos nun asno e volveu para Exipto. Na man levaba Moisés a vara de Deus.
21
O Señor díxolle a Moisés: —"En volvendo a Exipto, farás diante do faraón os moitos milagres para os que eu che darei poder. Eu endurecerei o seu corazón, e non deixará saír o pobo.
22
Ti diraslle: Así di o Señor: Israel é meu fillo primoxénito.
23
E eu dígoche: Deixa saír a meu fillo, para que veña darme culto. Se te negas a deixalo, eu matarei o teu fillo primoxénito".
24
Nunha pousada, ó longo da viaxe, o Señor saíulle ó paso a Moisés e tratou de matalo.
25
Séfora colleu de seguido unha lasca de pedra, cortoulle o prepucio a seu fillo e acercoullo ás partes de Moisés, dicindo: —"Ti es esposo de sangue para min".
26
O Señor deixouno, en canto ela dixo esposo de sangue, referíndose á circuncisión.
27
O Señor díxolle a Aharón: —"Diríxete ó deserto, ó encontro de Moisés". El foi, encontrouse con el na montaña de Deus e bicouno.
28
Moisés referiulle a Aharón o que o Señor lle dixera, como o enviara e os sinais que lle mandara facer.
29
Moisés e Aharón chegaron, e reuniron a todos os anciáns de Israel.
30
Aharón referíullelo que o Señor lle dixera a Moisés, e este fixo á vista do pobo os sinais.
31
O pobo creu. E en oíndo que o Señor visitaba ós israelitas e coidaba deles na opresión, axeonlláronse e adorárono.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40