bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 29
Exodus 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 30 →
1
Este é o rito da consagración dos sacerdotes. Colle do gando un xovenco e dous carneiros sen defecto.
2
Colle tamén pan ácimo, bicas ácimas amasadas con aceite, filloas tamén ácimas untadas con aceite, todo feito de flor de trigo.
3
Porás todo nunha cesta e ofrecerasmo nela, co xovenco e cos dous carneiros.
4
Mandarás a Aharón e a seus fillos acercarse á porta da Tenda do Encontro e bañarse con auga.
5
Despois collerás as roupas e vestiraslle a Aharón o manto, o manto do efod, o efod e o peitoral, e cinguiralo co cíngulo do efod.
6
Poraslle na cabeza a tiara, e por riba a sagrada diadema.
7
Despois collerás o óleo da unción, verterasllo na cabeza, e quedará unxido.
8
Logo farás que se acerquen os seus fillos, vestiraslles as túnicas,
9
cinguiráslles o cíngulo. O mesmo a Aharón coma a eles poralles as súas mitras. O sacerdocio será a súa propiedade para sempre. Así é como investirás a Aharón e a seus fillos.
10
Farás traer o xovenco diante da Tenda do Encontro, e Aharón e os seus fillos poranlle as mans na cabeza.
11
Logo degolaralo diante do Señor, á entrada da Tenda do Encontro.
12
Collerás un pouco do seu sangue e mollarás cos dedos os cornos do altar. O resto do sangue verteralo ó pé do altar.
13
Sacaraslle o sebo que envolve as entrañas, o que cobre o fígado, os dous riles co sebo que os envolve, e queimaralo todo no altar.
14
A carne do xovenco, a súa pel e as súas tripas, queimaralas no lume, fóra do campamento, coma sacrificio polo pecado.
15
Despois collerás un dos carneiros, e Aharón e os seus fillos imporán as mans na súa cabeza.
16
De seguido, degolaralo, tomarás o seu sangue e asperxerás con el o altar ó redor.
17
Porás o carneiro en anacos, lavarás as súas entrañas e as súas patas, poralas cos anacos de carne e coa cabeza
18
e queimarás o carneiro todo encima do altar. É un holocausto para o Señor, un sacrificio recendente que lle prace.
19
Collerás despois o outro carneiro, e Aharón e os seus fillos imporanlle as mans na cabeza.
20
Degolarás o carneiro, collerás do seu sangue e mollarás con el o lóbulo da orella dereita de Aharón e os das orellas dos seus fillos, e tamén os polgares das súas mans e as dedas dos seus pés dereitos, e despois verterás o sangue ó redor do altar.
21
Tomarás do sangue que hai enriba do altar e do óleo da unción, e asperxerás a Aharón e os seus vestidos, e ós fillos de Aharón e os seus vestidos. Dese xeito, tanto eles coma os seus vestidos quedarán consagrados.
22
Do carneiro collerás logo o sebo, o rabo, o sebo que cobre as entrañas, o lóbulo do fígado, os dous riles co sebo que os envolve e a perna dereita, porque este é o carneiro da investidura.
23
Da cesta dos ácimos presentados ó Señor collerás unha bola, unha bica amasada con aceite e unha filloa.
24
Porás todo nas mans de Aharón e dos seus fillos e abalaralos ritualmente diante do Señor.
25
Collerás todo outra vez das súas mans e queimaralo no altar coma holocausto, coma recendo que prace ó Señor. É un sacrificio no seu honor.
26
Despois collerás o peito do carneiro da investidura de Aharón e abalaralo ritualmente diante do Señor. Esa será a túa ración.
27
Do carneiro da investidura de Aharón e dos seus fillos consagrarás o peito que foi abalado e mais a perna ofrecida.
28
Esta será, por lei perpetua, a ración de Aharón e dos seus fillos, de parte dos israelitas. É a ofrenda que os israelitas ofreceron ó Señor en sacrificio de comuñón.
29
As vestimentas sacras de Aharón herdaranas seus fillos, para cando eles sexan unxidos e reciban a investidura.
30
O fillo que lle suceda no sacerdocio vestiraas sete días, cando entre na Tenda do Encontro para servir no santuario.
31
Collerás o carneiro da investidura, cocerás a súa carne no lugar santo,
32
e Aharón e os seus fillos comerano, co pan que hai na cesta, á entrada da Tenda do Encontro.
33
Comerán a parte coa que se fixo a expiación na súa investidura e na súa consagración. Non comerá dela un alleo, porque é ración sagrada.
34
Se da carne da investidura ou do pan quedase algo para o día seguinte, queimarase no lume. Ninguén comerá ese sobrante, porque é cousa santa.
35
Isto é o que farás con Aharón e con seus fillos, conforme che teño mandado. A investidura require sete días.
36
Cada día ofrecerás en sacrificio un xovenco para expiación polo pecado. Ofreceralo encima do altar para expiar por el, e despois unxiralo para a súa consagración.
37
Durante sete días expiarás polo altar e despois consagraralo. O altar será santísimo; calquera cousa que o toque quedará consagrada.
38
Isto é o que ofrecerás sobre o altar todos os días: dous cordeiros dun ano,
39
un á mañá e outro á tarde.
40
Co primeiro ofrecerás un décimo de flor de fariña, amasada coa cuarta parte dun hin de aceite de oliva, e unha libación de viño.
41
Co segundo cordeiro, o da tarde, farás, coma á mañá, unha ofrenda e unha libación: ofrenda recendente que prace ó Señor.
42
Este será o holocausto perpetuo ó Señor, polas xeracións, á entrada da Tenda do Encontro, onde me encontrarei convosco e onde vos falarei.
43
Alí virei eu ó encontro de Israel, e o lugar quedará consagrado pola miña presenza gloriosa.
44
Consagrarei a Tenda do Encontro e mais o altar, consagrarei a Aharón e a seus fillos coma os meus sacerdotes.
45
Habitarei no medio de Israel e serei o seu Deus.
46
E eles recoñecerán que eu son o Señor, o seu Deus, que os saquei de Exipto e que habito no medio deles. Eu o Señor, o seu Deus.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40