bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 40
Exodus 40
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
1
O Señor díxolle a Moisés:
2
—"O día un do mes primeiro montarás o tabernáculo da Tenda do Encontro.
3
Dentro del porás a arca da alianza, que taparás co veo.
4
Meterás tamén a mesa e disporás o que hai que pór enriba dela. Colocarás o candelabro e acenderás as súas lámpadas.
5
Porás o altar de ouro do incenso diante da arca da alianza e colgarás a cortina da entrada do tabernáculo.
6
Na entrada do tabernáculo da Tenda do Encontro porás o altar dos holocaustos.
7
Entre a Tenda do Encontro e o altar colocarás a pía e botarás a auga nela.
8
Porás ó redor do adro as cortinas e a cortina da entrada do adro.
9
Collerás logo o óleo da unción e unxirás o tabernáculo con todo o que hai nel; consagraralo cos seus accesorios, e quedará consagrado.
10
Unxirás tamén o altar dos holocaustos con todos os seus utensilios; consagraralo e será sacrosanto.
11
Unxirás e consagrarás tamén a pía coa súa base.
12
Despois farás que se aproximen Aharón e seus fillos á entrada da Tenda do Encontro e que alí se laven.
13
Vestiraslle as vestiduras sacras a Aharón, unxiralo e consagraralo para o meu servizo.
14
Logo mandarás que veñan seus fillos e vestiraslles as súas túnicas.
15
Unxiralos, como fixeras con seu pai, para o meu sacerdocio, e a unción conferiralles un sacerdocio perpetuo polas xeracións".
16
Moisés fixo todo como lle mandara o Señor.
17
O día un do mes primeiro do ano segundo levantouse o santuario.
18
Moisés fíxoo montar desta maneira: puxo as bases, colocou as táboas, meteu os traveseiros, levantou as columnas,
19
despregou a Tenda encol do tabernáculo, púxolle por riba a cuberta, como o Señor mandara a Moisés.
20
Despois colleu Moisés as táboas da alianza e meteunas na arca. Púxolle á arca os varais e colocou o propiciatorio encol dela.
21
Meteu a arca no tabernáculo e puxo o veo que tapaba a arca da alianza, conforme o Señor ordenara a Moisés.
22
Logo meteu a mesa na Tenda do Encontro, ó norte do tabernáculo e por fóra do veo.
23
Dispuxo enriba dela os pans presentados ó Señor, como o Señor lle mandara a Moisés.
24
Colocou o candelabro na Tenda do Encontro, polo lado sur, enfronte da mesa.
25
Acendeu as lámpadas diante do Señor, como o Señor lle mandara a Moisés.
26
Puxo tamén na Tenda do Encontro, por diante do veo, o altar de ouro
27
e queimou nel incenso recendente, como o Señor mandara a Moisés.
28
A entrada do tabernáculo colocou a cortina.
29
A entrada da Tenda do Encontro puxo o altar dos holocaustos e enriba del ofreceu holocaustos e ofrendas, como o Señor lle mandara a Moisés.
30
Entre a Tenda do Encontro e o altar puxo a pía e botou nela auga para as ablucións.
31
Alí lavaban as mans e os pés Moisés, Aharón e seus fillos,
32
cando entraban na Tenda do Encontro e cando se aproximaban ó altar, como o Señor mandara a Moisés.
33
Montou tamén o adro ó redor do tabernáculo e do altar e pendurou a cortina da entrada do adro. E así rematou Moisés a obra toda.
34
Entón a nube cubriu a Tenda do Encontro e a gloria do Señor encheu o tabernáculo.
35
Moisés non podía entrar na Tenda, por pousarse a nube enriba dela e porque a gloria do Señor enchía o tabernáculo.
36
Nas xeiras do camiño que deberon facer os israelitas, cando a nube se erguía de enriba do tabernáculo, eles púñanse en marcha.
37
Pero se a nube non se erguía, eles non se movían ata vela moverse.
38
En todas as súas xeiras os israelitas puideron observar como a nube do Señor pousaba polo día encol do tabernáculo e como pola noite se convertía en lume.
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40