bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 3
Exodus 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 4 →
1
Moisés pastaba os rabaños de seu sogro Ietró, sacerdote de Madián. Levaba polo deserto os rabaños, e unha vez chegou ata a montaña de Deus, o Horeb.
2
Nunha labarada, no medio dunha silveira, apareceulle o anxo do Señor. Moisés reparou na silveira que ardía e que non se consumía.
3
E dixo para si: "Voume chegar alá, para observar este fenómeno e saber por que non se consome a silveira".
4
En vendo o Señor que Moisés se achegaba para ver, chamouno desde a silveira: —"Moisés! Moisés!" El respondeu: —"Aquí estou".
5
Díxolle Deus: —"Non te achegues aquí. Tira as sandalias dos pés, pois o sitio onde estás é terra sagrada".
6
E engadiu: —"Eu son o Deus de teu pai, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob". Moisés tapou a cara, polo medo de ver a Deus.
7
O Señor díxolle: —"Teño visto as miserias do meu pobo en Exipto, oín as súas queixas contra os seus opresores, coñezo os seus sufrimentos.
8
Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.
9
O pranto dos israelitas chega xa onda min, e tamén teño visto como os oprimen os exipcios.
10
Agora anda. Mándote onda o faraón, para que saques de Exipto ó meu pobo, os fillos de Israel".
11
Moisés díxolle a Deus: —"Quen son eu para ir onda o faraón e para sacar os israelitas de Exipto?"
12
Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".
13
Moisés replicou: —"Xa me estou vendo chegar onda os israelitas e dicíndolles: O Deus de vosos pais mándame onda vós. Mais eles preguntaranme: E cal é o seu nome? Que lles direi eu entón?"
14
Deus respondeulle a Moisés: —"EU SON O QUE SON". E engadiu: —"Diraslles así ós israelitas: EU SON mándame onda vós".
15
E mandoulle aínda: —"Diraslles tamén ós israelitas: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob mándame onda vós. Ese será o meu nome para sempre. Por el invocaranme todas as xeracións.
16
Agora vai, xunta os anciáns de Israel e dilles: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, aparecéuseme e díxome: Veño visitarvos, pois xa vin como vos tratan en Exipto.
17
Teño decidido sacarvos da miseria de Exipto e levarvos ó país dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos, unha terra que deita leite e mel.
18
Eles faranche caso, e ti e mais os anciáns de Israel iredes onda o rei de Exipto e dirédeslle: Iavé, o Deus dos hebreos, veu ó noso encontro e agora temos que facer polo deserto unha viaxe de tres días, para ofrecermos sacrificios a Iavé, o noso Deus.
19
Eu sei que o rei de Exipto non vos deixará saír, se non é forzado por man rexa.
20
Pero eu alongarei a miña man e ferirei a Exipto. Obrarei alí moitos prodixios, e deixaranvos saír.
21
Farei tamén que este pobo encontre o favor dos exipcios. Dese xeito, cando saian, non sairán coas mans baldeiras.
22
As mulleres pediranlles ás súas veciñas e ás súas hóspedes obxectos de prata e de ouro e roupas para vestir os vosos fillos e fillas, e así levaredes botín de onda os exipcios".
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40