bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 17
Exodus 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 18 →
1
A asemblea dos israelitas, seguindo as ordes do Señor, saíu do deserto de Sin e, por xeiras, chegou a Refidim, onde acampou. O pobo non atopou alí auga que beber,
2
e rifaba con Moisés, esixindo: —"Dános auga para beber". El respondíalles: —"Por que rifades comigo e tentades o Señor?"
3
Pero o pobo, sedento, seguía queixándose por auga a Moisés: —"Por que nos sacaches de Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e á nosa habenza?"
4
Moisés clamou entón cara ó Señor: —"Que podo facer con esta xente? Acabarán por acantazarme".
5
O Señor respondeulle: —"Pasa diante do pobo, toma contigo algúns dos anciáns de Israel, leva na man a vara coa que batiches o Nilo, e camiña.
6
Eu presentareime diante túa alá no Horeb, onda o penedo. Ti baterás o penedo, e sairá auga del para que o pobo beba". Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de Israel.
7
Chamáronlle a aquel lugar Masah e Meribah, porque os israelitas contenderon co Señor e puxérono á proba, preguntando: —"Está o Señor connosco ou non?".
8
Viñeron os amalecitas e atacaron a Israel en Refidim.
9
Moisés díxolle a Xosué: —"Escolle uns poucos homes e sae a loitar con Amalec. De mañá eu estarei no cume do outeiro, coa vara de Deus na man".
10
Xosué fixo o que lle mandaba Moisés, e foi loitar con Amalec mentres Moisés, Aharón e Hur subían ó cume do outeiro.
11
Cando Moisés erguía as mans, vencía Israel; cando as baixaba, vencía Amalec.
12
As mans de Moisés estaban cansas, e eles colleron unha pedra e puxéronlla de asento, ó tempo que Aharón e Hur, un por cada lado, lle sostiñan as mans ergueitas. As mans de Moisés estiveron ergueitas ata a posta do sol.
13
Xosué venceu a Amalec e á súa xente, a fío de espada.
14
O Señor díxolle a Moisés: —"Escribe isto nun libro de memorias, e dille a Xosué que eu borrarei o recordo de Amalec de debaixo do sol".
15
Moisés construíu un altar ó Señor, e chamoulle Señor, miña — bandeira,
16
neste sentido: —"Xa que a súa man se levantou contra o trono do Señor, o Señor está en guerra con Amalec de xeración en xeración".
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40