bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 12
Exodus 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 13 →
1
O Señor díxolles en Exipto a Moisés e a Aharón:
2
—"Teredes este mes polo primeiro dos meses, o mes principal de todo o ano.
3
Dicídelle a toda a comunidade de Israel: No día dez deste mes que cada un busque un año por familia e por casa.
4
Se a familia é moi pequena para comer o año enteiro, que se xunte co veciño máis próximo á súa casa, botando conta das persoas. O año será estimado conforme ó que cada un poida comer.
5
O año será sen defecto, macho e dun ano. Pode ser o mesmo un año coma un cabrito.
6
Gardarédelo ata o catorce deste mes e, entre lusco e fusco dese día, inmolarao a comunidade toda de Israel en asemblea.
7
Colleredes o sangue e mollaredes con el as xambas e o lintel das casas nas que se vai comer.
8
Comeredes a carne esa noite, asada no lume, con pan sen levedar e con verduras amargas.
9
Non comeredes nada del cru, nin cocido en auga, senón asado no lume, con cabeza, patas e entrañas.
10
Non deixaredes nada del para a mañá; se vos sobra algo, queimádeo.
11
Comerédelo deste xeito: a cintura cinguida, as sandalias nos pés, o caxato na man. Comerédelo ás presas, pois é a Pascua do Señor.
12
Esa noite pasarei eu por todo o Exipto e ferirei de morte todos os primoxénitos, desde os dos homes ata os do gando. Farei cumprida xustiza con todos os deuses de Exipto. Eu, o Señor.
13
O sangue será o sinal das casas onde vós habitades. En vendo o sangue, pasarei sen me deter, e así, cando eu fira a Exipto, non vos tocará a vós a praga exterminadora.
14
Este día quedaravos na memoria e faredes nel festa ó Señor. Será festa de precepto por todas as xeracións.
15
Sete días seguidos comeredes pans ácimos. Desde o primeiro día botaredes o lévedo das casas, pois o que coma pan fermentado entre o primeiro día e o sétimo será excluído de Israel.
16
O día primeiro é día de asemblea, e tamén o día sétimo. Neses días non deberedes traballar, fóra de preparar cada un o que ha comer.
17
Gardaredes a festa dos Ácimos, pois nese mesmo día saquei eu as vosas multitudes de Exipto. Gardarédela coma festa de precepto por todas as xeracións.
18
No mes primeiro, desde a tarde do día catorce ata a do vinte e un, comeredes pan ácimo.
19
Neses sete días non gardaredes pan lévedo na casa. Quen coma algo fermentado será excluído da asemblea de Israel, o mesmo o forasteiro coma o indíxena.
20
Non comeredes pan fermentado; onde queira que habitedes, comeredes pan ácimo".
21
Moisés convocou ós anciáns todos de Israel e díxolles: —"Buscade e facédevos cunha res por familia e inmolade a vítima da Pascua.
22
Collede un ramallo de hisopo, molládeo no sangue que recollades nun recipiente, e unxide con el o lintel e as xambas da porta. E que ninguén saia da porta da casa para fóra, namentres non amañeza.
23
O Señor vai pasar ferindo os exipcios. Pero, en vendo o sangue no lintel e nas xambas, pasará diante da porta sen se deter. Non deixará entrar nas vosas casas ó exterminador para ferir.
24
Cumpriredes estas ordes coma lei a perpetuidade para vós e para os vosos fillos.
25
Cando un día entredes na terra que o Señor vos dará, conforme a súa promesa, observaredes este rito.
26
Entón preguntaranche os teus fillos: Que significa este rito que facedes?
27
Vosoutros dirédeslles: É o sacrificio da Pascua, cando o Señor pasou sen deterse diante das casas dos israelitas en Exipto, ferindo os exipcios e deixando a salvo as nosas casas". Nisto o pobo prostrouse e adorou.
28
Os israelitas foron e fixeron como lles mandara o Señor por Moisés e Aharón.
29
A medianoite o Señor feriu de morte a todos os primoxénitos de Exipto, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o do prisioneiro que está no calabozo, e mesmo os primoxénitos do gando.
30
O faraón ergueuse de noite e, coma el, os seus ministros e todo o Exipto, e sentiuse un gran pranto en todo o país, pois non había casa onde non houbese algún morto.
31
Na mesma noite mandou o faraón chamar a Moisés e a Aharón, para dicirlles: —"Erguédevos e saíde do medio do meu pobo con todos os israelitas. Ide e dade culto a Iavé, como dixestes.
32
Levade convosco, como queriades, os rabaños e o gando. Ídevos e bendicídeme a min tamén".
33
Os exipcios facían forza sobre o pobo, para que saíse axiña do país, pois dicían: —"Imos morrer todos".
34
A xente sacaba das artesas a masa sen levedar, envolvíaa en mantas e cargábaa ás costas.
35
Os israelitas fixeron como lles dixera Moisés.
36
Pedíanlles ós exipcios obxectos de prata e ouro e mais roupas. O Señor fixo que o pobo lles caese ben ós exipcios, que lles deixaban canto lles pedían. Así despoxaron ós exipcios.
37
Os israelitas saíron de Ramsés cara a Succot. Sen levar conta dos nenos, eran coma seiscentos mil homes.
38
Con eles ía tamén unha multitude de xente mesturada, e rabaños de ovellas e de vacas e gando en grande cantidade.
39
Coceron a masa que sacaran de Exipto e fixeron bolas de pan asmo, pois non lle deran tempo a levedar. Como saíran de Exipto empuxados, non puideron deterse a preparar merenda para a viaxe.
40
A estadía dos israelitas en Exipto foi de catrocentos trinta anos.
41
No mesmo día en que se cumprían os catrocentos trinta anos, saíron de Exipto as multitudes do Señor.
42
Esa noite velou o Señor para sacalos. Esa noite velan os israelitas por todas as xeracións.
43
O Señor díxolles a Moisés e a Aharón: —"Esta será a lei da Pascua: ningún estranxeiro comerá dela.
44
Pero poderán comer dela os escravos mercados por diñeiro, se están circuncidados.
45
Non comerán dela nin os forasteiros nin os mercenarios.
46
Comeredes dentro da casa; non sacaredes fóra carne ningunha; non romperedes ningún óso.
47
A comunidade enteira de Israel celebrará esta festa.
48
Se vive convosco un estranxeiro e quere celebrar a Pascua do Señor, deberá facer circuncidar a todos os varóns da súa casa, e entón poderá celebrala; será coma un do país. Pero non comerá dela ningún incircunciso.
49
A mesma lei rexerá para os que son do país coma para os estranxeiros que habiten convosco".
50
Os israelitas todos cumpriron o que o Señor lles mandara a Moisés e a Aharón.
51
Naquel mesmo día sacou o Señor as multitudes israelitas de Exipto.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40