bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Exodus 6
Exodus 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 7 →
1
O Señor díxolle a Moisés: —"Agora verás o que vou facer co faraón. Forzado por man rexa, deixaravos saír e mesmo vos botará da súa terra".
2
Deus seguiu dicindo: —"Eu son Iavé.
3
Aparecinme a Abraham, a Isaac e a Xacob co nome de Deus todopoderoso; pero non lles dei a coñecer o meu nome Iavé.
4
Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.
5
Estou escoitando as queixas dos israelitas que os exipcios asoballan; teño en conta o meu pacto.
6
Dilles, pois, ós israelitas: Eu, Iavé, tirareivos de debaixo da carga que vos impoñen os exipcios, sacareivos da súa servidume, librareivos con brazo estendido e con grandes escarmentos.
7
Tomareivos coma meu pobo e eu serei o voso Deus. Saberedes que eu son Iavé, o voso Deus, o que vos tirou de debaixo da carga dos exipcios.
8
Levareivos á terra que xurei darlles a Abraham, a Isaac e a Xacob, e daréivola a vós en posesión. Eu, Iavé".
9
Moisés díxolles ós israelitas todo iso. Pero non lle fixeron caso, polo desfalecemento do espírito baixo a dureza do traballo.
10
O Señor díxolle a Moisés:
11
—"Vai onda o faraón, rei de Exipto, e dille que deixe saír os israelitas da súa terra".
12
Moisés respondeulle: —"Se non me fan caso os israelitas, como mo vai facer o faraón, sendo eu tan torpe de palabras?"
13
Pero o Señor seguiu falando con Moisés e Aharón e dándolles as súas ordes para os israelitas e para o faraón, rei de Exipto, co fin de sacar de alí ós israelitas.
14
Estes foron os xefes dalgunhas familias patriarcais. Fillos de Rubén, primoxénito de Israel: Hanoc, Palú, Hesrón e Carmí. Estes son os clans de Rubén.
15
Fillos de Simeón: Iemuel, Iamín, Ohad, Iaquín, Sohar e Xaúl, o fillo da cananea. Estes son os clans de Simeón.
16
Estes son os nomes dos fillos de Leví, conforme as súas xeracións: Guerxón, Quehat e Merarí. Leví viviu cento trinta e sete anos.
17
Fillos de Guerxón: Libní e Ximí, coas súas familias.
18
Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel. Quehat viviu cento trinta e tres anos.
19
Fillos de Merarí: Mahlí e Muxí. Estes son os clans de Leví, conforme as súas xeracións.
20
Amram tomou por muller á súa parente Ioquébed, que lle deu a Aharón e a Moisés. Amram viviu cento trinta e sete anos.
21
Fillos de Ishar: Córah, Néfeg e Zicrí.
22
Fillos de Uziel: Mixael, Elsafán e Sitrí.
23
Aharón tomou por muller a Elixeba, filla de Aminadab e irmá de Nahxón; ela deulle por fillos a Nadab, Abihú, Elazar e Itamar.
24
Fillos de Córah: Asir, Elcanah e Abiasaf. Estes son os clans de Córah.
25
Elazar tomou por muller unha das fillas de Futiel, que lle deu a Pinhás. Estes son os xefes das familias dos levitas, conforme os seus clans.
26
Foi a Aharón e a Moisés ós que lles dixo o Señor: —"Sacade as multitudes dos israelitas de Exipto";
27
os que falaron ó faraón, rei de Exipto, de deixalos saír de alí. Eses foron Moisés e Aharón.
28
Cando o Señor falou con Moisés en Exipto,
29
díxolle: —"Eu son Iavé. Repítelle ó faraón, rei de Exipto, todo o que eu che digo".
30
Respondeulle Moisés: —"Como me fará caso o faraón, sendo eu tan torpe de palabra?"
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40