bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 1
Proverbs 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 2 →
1
Proverbios de Salomón, fillo de David, rei de Israel,
2
Para aprender sabedoría e boas maneiras, para comprender ditos intelixentes,
3
para adquirir doutrina asisada, o dereito, xustiza e boa lei,
4
para lle dar ó inexperto habilidade e ó rapaz novo, ciencia e discernimento;
5
—o sabio escoita e acrecenta o seu saber, o intelixente adquire a arte de se gobernar—
6
para dar co senso dun refrán ou dun dito agudo, das sentencias dos sabios e das adiviñas.
7
O temor do Señor é o comezo do saber; só os necios se burlan da Sabedoría e da Instrución.
8
Filliño, escoita a instrución de teu pai e non refugues o ensino de túa nai;
9
serán unha graciosa diadema na túa cabeza e un colar no teu pescozo.
10
Meu fillo, se os pecadores intentan enganarte non llelo consintas.
11
Se din: —"ven connosco, fagamos unha emboscada ás agachadas, axexemos o inocente porque nos peta,
12
devorémolos en vivo como fai o Xeol, nunha peza, coma ós que descenden para a cova,
13
Atoparemos toda clase de cousas prezadas, imos encher as nosas casas de espolios.
14
Bota a túa sorte connosco, imos facer bolsa común!".
15
Meu fillo, non os acompañes nesa viaxe! Afasta as túas pegadas dos seus vieiros!
16
Porque as súas pernas corren ó mal, danse présa a esparexer o sangue;
17
(pois en van se lanza a rede á vista mesma dos seres alados)
18
e eles están a insidiar contra o propio sangue, axexan, pero contra as propias vidas.
19
Tales son sempre os camiños de quen cobiza ganancias que perden as vidas dos seus donos.
20
A Sabedoría bota o pregón pola rúa, alza a súa voz polas rúas,
21
fai a prédica desde o alto dos muros, ás entradas das portas da vila di o seu discurso:
22
—"Ata cando, inxenuos, amaredes a inxenuidade, e os burlóns se gozarán coa burla e os parvos refugarán o saber?
23
Se vos convertedes cando vos amoeste, fareivos burbullar o meu ánimo, comunicareivos os meus pensamentos.
24
Mais xa que vos chamei e recusastes, tendinvos a man e ninguén atendeu,
25
rexeitastes calquera consello meu e non acollestes a miña reprensión,
26
tamén eu vou rir da vosa desgraza e botar gargalladas cando vos chegue o terror:
27
cando o medo vos sorprenda coma unha ventada e vos veña a calamidade coma unha treboada, cando se vos acheguen agonía e angustia.
28
Berrarán por min daquela, mais non responderei, ergueranse cedo a procurarme, e non me atoparán.
29
Xa que aborreceron o saber e non preferiron o temor do Señor;
30
non quixeron aceptar o meu consello e desprezaron todas as miñas amoestacións.
31
Xantarán do froito do seu proceder, fartaranse das súas matinacións,
32
porque ós parvos mátaos a súa indisciplina e os tolos pérdense pola súa indolencia;
33
mais quen me escoita morará ben seguro, tranquilo, sen temor do mal".
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31