bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 22
Proverbs 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 23 →
1
Máis vale a boa sona cá moita facenda; e o ser apreciado, cá prata e o ouro.
2
Rico e pobre véñense encontrar: a ámbolos dous fíxoos o Señor.
3
O asisado ve o perigo e apártase; os docas tiran para diante, e páganas.
4
Tralas pegadas da humildade e do temor do Señor. veñen a facenda, a honra e a vida.
5
Silvas e trapelas inzan o camiño do perverso, quen mira pola súa vida apártase delas.
6
Afai ó mozo ó seu vieiro: aínda de vello non se apartará del.
7
O rico goberna nos pobres, e quen debe é escravo do que lle emprestou.
8
Quen sementa maldade recolle aflición, e vai dar nel mesmo a vara do seu exceso.
9
Os bos e xenerosos serán benditos, xa que lles deron o seu pan ós pobres.
10
Bota fóra ó cínico; rematará a liorta e cesarán a rifa e mais a aldraxe.
11
O Señor ama a quen ten a mente limpa, e o de falar xeitoso ten por amigo ó rei.
12
Os ollos do Señor protexen o saber, mais confunden as verbas dos traidores.
13
Pretexta o preguiceiro: —"Vai un león na rúa, e pódeme matar na encrucillada".
14
As verbas das estranxeiras son cova profunda, o que o Señor refuga vai caer nela.
15
Apégase a tolemia ó corazón do mozo, mais a vara da corrección é tal de a despegar.
16
Quen asoballa ó pobre, estao engrandecendo; quen fai regalo ó rico, estase a empobrecer.
17
Inclina o oído e escoita as miñas palabras, aplica a túa mente ó meu saber,
18
pois é axeitado que as gardes no teu seo, e que as teñas prontas nos teus labios.
19
Para que poñas a túa confianza no Señor, tamén a ti vou eu instruír hoxe.
20
Abofé téñoche escritos trinta ditos, consellos e ciencia por xunto,
21
para te informar da verdade das palabras axustadas, e poidas así traer razóns exactas a quen te envíe.
22
Non despoxes ó mendigo por ser tal nin asoballes ó pobre das portas,
23
pois o Señor defende a súa causa e tiraralle a vida a quen malle neles.
24
Non te xuntes con home enredante nin camiñes co que se alporiza,
25
non sexa que te afagas ás súas mañas e vaias dar nunha trampa mortal.
26
Non andes dando apertas de man nin saíndo garante de débedas;
27
se non tes recursos para as saldares: por que expoñerte a que che incauten mesmo o leito?
28
Non removas os lindeiros de sempre, que puxeron os teus devanceiros.
29
Viches a alguén mañoso no seu oficio? —Poderá presentarse diante de reis, non servirá a xentes ignoradas.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31