bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 14
Proverbs 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 15 →
1
A muller sabia constrúe o seu lar, a tolemia destrúeo coas propias mans.
2
Quen ten bo proceder teme o Señor, o de camiños tortos desprézao.
3
O falar do parvo é unha vara nas súas costas, as palabras dos sabios defenden.
4
Falta de gando, mingua de gran; forza no boi, colleita farturenta.
5
Testemuña de lei non mente, testemuña falsa burbulla mentiras.
6
O parvo procura sabedoría e non a atopa, mais para o intelixente o saber é cousa doada.
7
Fuxe do rastro do tolo, non encontrarás nel labios asisados.
8
O saber do astuto acláralle o camiño, a tolemia dos parvos lévaos ó engano.
9
Os necios búrlanse da culpa, os honrados distinguen o facer axeitado.
10
Só o espírito sabe da propia amargura, ningún alleo ten parte na súa ledicia.
11
O casal dos perversos vénse abaixo, a tenda dos honrados prospera.
12
As veces coida un que é recto o seu camiño, e, ó remate, vai dar na morte.
13
Mesmo no rir sofre o corazón, e a ledicia acaba na dor.
14
O renegado fartarase do seu proceder, e o home bo, do das súas obras.
15
O inxenuo dá creto ó que sexa, o asisado calcula os seus pasos.
16
O sabio é cauto e afástase do mal, o parvo chímpase tan seguro.
17
O impulsivo fai toleiras, mais o que bota contas agarda.
18
Os inxenuos teñen por herdanza a necidade, o asisado abrangue o saber.
19
Os malvados dobréganse diante dos bos, e os impíos, ás portas do xusto.
20
O pobre é odiado mesmo do seu compañeiro, o rico ten amigos a milleiros.
21
Quen aldraxa ó seu veciño, peca; bendito quen se apiada dos pobres.
22
Por caso non erran os que argallan o mal? A bondade e a fidelidade son para os que fan o ben.
23
Todo traballo ten o seu proveito, mais o parolar leva á miseria.
24
A coroa dos sabios é a súa riqueza, diadema dos insensatos é a necidade.
25
Testemuña de fiar salva vidas, o perxuro é un enredante.
26
O temor do Señor é a fortaleza dun home, para os seus fillos é un refuxio.
27
O temor do Señor é fonte de vida que afasta das trapelas da morte.
28
Pobo numeroso é orgullo do rei; mingua de xente, ruína do príncipe.
29
Demostra bo siso o lento na ira, quen ten arroutadas ben proba que é parvo.
30
Animo temperado, saúde no corpo; a envexa corroe os ósos.
31
Quen asoballa ó pobre inxuria ó seu creador, e faille honra quen acorre a un mendigo.
32
Pola súa malicia o malo é refugado, mais ten confianza o xusto cando morre.
33
En mente atinada mora a sabedoría, no interior dos necios expira.
34
A xustiza fai grande a unha nación, o pecado é a desgraza dos pobos.
35
O favor do rei vai ó ministro avisado; a súa carraxe, ó desvergonzado.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31