bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 11
Proverbs 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 12 →
1
Balanzas enganosas aborréceas o Señor, o seu gusto son as pesas axustadas.
2
Detrás da fachenda chega a vergonza, pero a Sabedoría vai cos modestos.
3
A integridade guía ós rectos, a falsidade destrúe ós traidores.
4
De nada vale a fortuna no día da ira, mais a xustiza salva da morte.
5
A xustiza dos íntegros enderéitalles o camiño, pola súa maldade vén o malo a caer.
6
A xustiza dos rectos sálvaos, pola súa cobiza son atrapados os traidores.
7
Morto o malvado, acabóuselle a esperanza e o seu afiuzar nas riquezas perece.
8
O xusto líbrase da angustia, o malvado ocupa o seu lugar.
9
O hipócrita coa boca afunde ó veciño, mais polo seu saber sálvanse os xustos.
10
Polo éxito dos xustos alégrase a vila, e pola perda dos malvados fai festa.
11
Coa bendición dos honrados medra a cidade, coa leria dos malvados arruínase.
12
Quen aldraxa ó veciño non ten siso, o home prudente cala.
13
Quen anda con contos descobre segredos, home de fiar garda a palabra.
14
Sen boa dirección pérdese un pobo, o progreso está nos moitos expertos.
15
Mal lle irá a quen sae fiador por un estraño, quen refuga eses tratos terá seguridade.
16
A muller xeitosa bótanselle flores, e os arriscados conquistan riqueza.
17
O home piadoso para si mesmo é bo, o cruel a si mesmo se dana.
18
O malvado leva unha paga ilusoria, quen sementa xustiza leva un salario de lei.
19
O que sementa a xustiza ten por destino a vida, quen persegue o mal vai cara á morte.
20
Aborrece o Señor os corazóns torcidos, e comprácese nos de conduta honrada.
21
Abofé que o malvado non quedará impune, a descendencia dos xustos será posta en liberdade.
22
Anel de ouro no fociño dun porco é a muller fermosa pero sen xeito.
23
A arela dos xustos é só o ben a esperanza dos malvados xera ira.
24
Hai quen é xeneroso e se fai máis rico; hai quen aforra de máis e vive na miseria.
25
Quen crea prosperidade el mesmo medra, e quen abebera será abeberado.
26
Toda a bisbarra maldí ó que retén o trigo, e enche de bendicións a quen o vende.
27
Quen madruga para facer o ben atrae o favor, mais o mal sae ó encontro de quen o busca.
28
Quen afiúza na súa riqueza murcharase, pero os xustos agromarán coma follas.
29
Quen arruína o casal vai herdar vento, e o parvo chegará a escravo do sabio.
30
O froito dun home recto é a árbore da vida, e o sabio atrae as persoas.
31
Se o xusto recibe na terra o seu debido, moito máis o perverso e o pecador.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31