bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 29
Proverbs 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 30 →
1
Quen endurece despois da reprensión, vai á ruína nun momento, sen remedio.
2
Cando mandan os xustos, o pobo alégrase; mais se un impío goberna, o pobo xeme.
3
Quen ama a Sabedoría alegra a seu pai, quen frecuenta prostitutas malgasta a facenda.
4
Un rei fai próspero o país coa xustiza, mais quen aumenta os impostos arruínao.
5
O que lle di verbas suaves ó veciño, téndelle unha rede diante dos pés.
6
Na maldade do impío escóndese un lazo, namentres que o xusto reloucará ledo.
7
Recoñece o xusto o dereito dos pobres, mais o malvado non ten comprensión.
8
Homes arrogantes turban unha cidade, mais os sabios aquedan a ira.
9
Cando un sabio ten preito cun necio, enfádase ou ri, pero non ten sosego.
10
Os sanguinarios odian ó íntegro, pero os rectos considéranse del.
11
O parvo déixase levar de calquera impulso, mais o sabio reprímeo e acálmao.
12
Cando un gobernante dá creto a razóns falsas, todos os seus ministros serán malvados.
13
Pobre e explotador teñen algo en común: O Señor deulles ós dous a luz dos ollos.
14
Rei que xulga equitativamente os pobres, o seu trono afíncase para sempre.
15
A vara e a reprensión dan sabedoría, rapaz consentido avergonza a súa nai.
16
Cando mandan malvados acrecéntase o crime, pero os xustos ollarán a súa desfeita.
17
Corrixe ó teu fillo: servirache de acougo e dará satisfaccións ó teu espírito.
18
Onde non hai revelación, o pobo perde o freo; mais benia o que respecta a lei!
19
Só con razóns non se corrixe un criado, pois aínda que comprenda non obedece.
20
Viches un que fala a toda présa? Máis se pode esperar dun tolo que non del.
21
O que consente ó seu criado desde pequeno, ó remate sairalle respondón.
22
Home alporizado alampa liortas, o acalorado multiplica as faltas.
23
O orgullo do home humillarao, quen ten ánimo humilde acadará honra.
24
Quen ten parte co ladrón odia a súa vida, pois escoita a maldición e non denuncia.
25
O respecto humano tende un lazo, mais quen afiúza no Señor ponse a salvo.
26
Moitos procuran o favor do gobernante, mais é do Señor de quen se obtén xustiza.
27
É abominable para os xustos o home inicuo, é aborrecible para o malvado o de conduta recta.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31