bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 23
Proverbs 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 24 →
1
Cando sentes a xantar co xefe, considérate ben de quen tes diante;
2
ponte ti mesmo unha navalla na gorxa se es bo comellón;
3
que non te tenten as súas lambetadas, pois son xantar que engana.
4
Non te esgotes en facer fortuna, deixa de darlle voltas ó maxín;
5
Apartas dela os ollos, e esmorece. pois pode botar ás e coma a aguia fuxir voando cara ó ceo.
6
Non vaias ó banquete do avarento nin areles as súas peperetadas;
7
é coma un pelo de través na gorxa; dirache: —"come e bebe!" mais non lle interesas ren.
8
Vomitarás o que comiches malgastando as túas amables razóns.
9
A oídos parvos non fales, desprezarán o bo senso das túas palabras.
10
Non removas os lindeiros de sempre nin te metas nas leiras dos orfos,
11
pois o seu vingador é poderoso, e defenderaos no preito contra ti.
12
Pon mentes na corrección, e ten oído para as palabras instrutivas.
13
Non lle aforres o reproche ó mozo: porque lle deas coa vara non vai morrer;
14
en troques, se o bates coa vara, acaso o salves do Xeol.
15
Meu fillo, se o teu corazón é sabio, hase alegrar tamén o meu corazón,
16
e reloucarán as miñas entrañas, se os teus labios falan axeitadamente.
17
Non sinta envexa a túa mente dos pecadores, matine máis ben todos os días no temor do Señor,
18
dese xeito agardarache un bo porvir e a túa esperanza non será frustrada.
19
Escoita, filliño, e faraste sabio, endereita a túa mente pola vía xusta.
20
Non te xuntes cos bébedos nin cos engulidores de carne,
21
pois o bébedo e o larpeiro empobrecen e darse á nugalla leva a vestir de farrapos.
22
Escoita a teu pai, que te xerou; e non desbotes a túa nai, se vai vella.
23
Merca a verdade e non a vendas, a Sabedoría, a Instrución e a Intelixencia.
24
Reloucará gozoso o pai do xusto; quen xerou a un sabio, aledarase con el,
25
teu pai e túa nai encheranse de alegría e exultará a que te deu.
26
Meu fillo, préstame atención, que os teus ollos aproben os meus camiños,
27
pois cova profunda é a prostituta, pozo estreito a estranxeira,
28
tamén axexa ela coma o atracador e multiplica os traidores entre os homes.
29
Quen di: —"Ai!"? Quen grita: —"Mamá!"? De quen son os preitos e para quen os laios? Quen leva sen motivo as zorregadas? De quen son os ollos chispos?
30
—"Dos que se demoran no viño e van catar os viños mesturados".
31
Non olles para o viño cando pinta de vermello e reloce na cunca: esvara lixeiriño,
32
mais ó remate morde coma cobra e pica coma víbora.
33
Os teus ollos verán cousas estrañas, a mente farate falar trabucado;
34
estarás coma quen se deita na mareira ou asenta no picouto do mastro.
35
—"Bateron en min e non me doeu, calcáronme coma uva e non me decatei. Cando volverei a estar sobrio? Aínda pediría outra rolda".
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31