bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 15
Proverbs 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 16 →
1
Unha resposta doce alonga a cólera, unha verba ferinte acende a ira.
2
A lingua dos sabios fai destilar saber, a boca dos tolos burbulla tolemia.
3
Os ollos do Señor atópanse en todo, vixiando tanto os malos como os bos.
4
Unha lingua apracible é árbore de vida; cando é perversa, fere no espírito.
5
O tolo despreza a corrección paterna, mais tórnase asisado quen ten en conta a reprensión.
6
No casal do xusto reina a fartura; nas ganancias do impío, a inquietude.
7
Labios de sabios espallan saber, o matinar do impío non acouga.
8
Aborrece o Señor a ofrenda dos impíos, mais a pregaria dos rectos acada o seu favor.
9
Aborrece o Señor a conduta do impío, mais ó que procura a xustiza tenlle amor.
10
Terá un severo castigo quen aparta do seu vieiro, e quen refuga a reprensión vai dar na morte.
11
O Xeol e a perdición están ante os ollos do Señor, canto máis as mentes dos humanos!
12
Non lle agrada ó insensato que o critiquen, nin se reúne cos sabios.
13
O corazón feliz alegra a cara, o sufrir interno creba o espírito.
14
O de ánimo sensible procura o saber, a boca dos necios fártase de parvadas.
15
Todos os días do desgraciado son tristes; para o de ánimo alegre, un banquete continuo.
16
Mellor é un pouquiño con temor do Señor, ca moreas de bens con inquedanza.
17
Mais vale cunca de grelos con cariño ca xato cebado con xenreira.
18
Home acalorado fai alampar a liorta, o cachazudo pon sosego na disputa.
19
O camiño do preguiceiro ten por sebe as silveiras, o vieiro do recto está ben achanzada.
20
Un fillo sabio alegra a seu pai, o necio deshonra a súa nai.
21
A tolemia é troulada para o falto de siso, o home intelixente camiña a dereitas.
22
Onde non se fai xuntanza malógranse os planos, pero cúmprense cos moitos conselleiros.
23
Que ledicia para un home saber responder por si! e que boa é unha palabra ó seu tempo!
24
Hai un vieiro de vida —costa arriba— para o sabio, para se afastar do Xeol —costa abaixo—.
25
O Señor destrúe o casal dos fachendosos, pero afinca o lindeiro da viúva.
26
Aborrece o Señor as malignas matinacións, mais as verbas axeitadas son limpas.
27
O famento de lucro arruína a súa casa; quen odia os regalos interesados, vivirá.
28
A mente do xusto medita antes de responder, a boca dos perversos burbulla maldades.
29
Apártase o Señor dos perversos, pero escoita a pregaria dos xustos.
30
Uns ollos brillantes alegran o corazón, unha boa noticia fortalece os ósos.
31
Oído que escoita a corrección saudable, asentará no medio dos sabios.
32
Quen refuga a instrución, rexeita a vida; quen dá escoita á corrección, faise asisado.
33
O temor do Señor é escola da Sabedoría, pois a humildade precede á gloria.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31