bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 12
Proverbs 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 13 →
1
O que ama a instrución ama o saber, mais o que odia a corrección é estúpido.
2
O bo acada o favor do Señor, pero El condena ó retorto.
3
O home non se ten en pé sobre a maldade, mais a raiceira dos xustos non se conmove.
4
A muller mañosa é a coroa do seu home, a desvergonzada é carie nos ósos.
5
Teima dos xustos é a equidade; matinación dos malvados, o engano.
6
As verbas dos perversos son emboscadas criminais, o falar dos rectos fainos ceibes.
7
Os malvados son abatidos e desaparecen, pero o casal dos xustos mantense.
8
Loan a un polo seu siso, mais o arteiro será aldraxado.
9
Mellor lle vai a un home modesto que teña de que vivir, do que ó fachendoso que non ten pan.
10
O de bo natural atende á fame do gando, mais os sentimentos do malvado son crueis.
11
Quen traballa a súa terra fartarase de pan, o que anda ás nugallas é parvo.
12
O alicerce dos malvados é derrubado, mais o raigaño dos xustos mantense.
13
Enguedéllase o malo no exceso dos seus labios, pero o xusto foxe da estreitura.
14
Pode un home encherse co froito do que fala, e ser recompensado polo que faga coas mans.
15
O parvo parécelle recta a súa conduta, mais soamente é sabio quen escoita un consello.
16
A carraxe do parvo axiña se mostra, mais o astuto disimula unha inxuria.
17
O home veraz conta a verdade; a testemuña falsa, a mentira.
18
Persoas hai que falan a estocadas, a fala dos sabios é medicina.
19
Falar sincero dura para sempre; fala embusteira, tan só un intre.
20
O engano é a intención dos que argallan o mal, mais a ledicia é a paga dos que aconsellan a paz.
21
Ningún mal caerá sobre o xusto, mais os malvados fican cheos de coitas.
22
Aborrece o Señor os labios mentireiros, comprácese, en troques, nos que practican a verdade.
23
O home astuto esconde o seu saber, os parvos pregoan as súas tolemias.
24
Man dilixente, ó goberno; man nugallá, a servir.
25
A ansiedade no corazón do home angústiao, a verba agarimosa alégrao.
26
O home de ben móstralle a vía ó amigo, o camiño dos perversos extravía.
27
O preguiceiro non asa o que cazou, mentres o dilixente amorea riquezas.
28
No vieiro da xustiza atópase a vida, o camiño da necidade leva á morte.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31