bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 24
Proverbs 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 25 →
1
Non envexes os malvados nin areles xuntarte con eles,
2
pois as súas mentes matinan destrución e os seus labios traman a desgraza.
3
Un casal constrúese coa Sabedoría e afíncase co discernimento,
4
As súas pezas énchense co saber dos bens máis prezados e elegantes.
5
Máis baril é o sabio có forzudo, e persoa de saber afianza o poderío,
6
pois coa estratexia gañarás a guerra e o triunfo está nos moitos conselleiros.
7
A Sabedoría queda lonxe do parvo: o tal non abrirá a boca na asemblea da porta.
8
O que matina para mal, levará alcume de intrigante;
9
pecado é a intriga do necio e a xente refuga ó cínico.
10
Se te mostras feble no tempo da proba, feble era a túa forza.
11
Libera ós condenados á morte, non negues axuda ós que van ser executados,
12
xa que se despois dis: —"Nós non sabiamos tal", pensas que o que sopesa as intencións non se decata? O que vixía a túa vida ben que o sabe, el retribuirá a cadaquén conforme ós feitos.
13
Filliño, toma mel, que che é bo, o panal é doce ó padal;
14
tales son o coñecer a Sabedoría para a túa vida: se a acadas, terás futuro, e non será frustrada a túa esperanza.
15
Non axexes o casal do home xusto nin destrúas o seu acougo,
16
pois se sete veces cae o home honrado, outras tantas se ergue, mais os perversos tropezan e non se levantan.
17
Non te alegres cando caia o inimigo nin botes risadas cando tropece,
18
non sexa que, ó velo, desagrades ó Señor, e retire del a súa xenreira.
19
Non te alporices contra os malvados nin envexes os perversos,
20
pois o impío non ten futuro e a candea dos perversos esmorece.
21
Meu fillo, teme ó Señor e ó rei, non te comprometas cos que conspiran,
22
pois a súa desfeita sobrevén de súpeto, e quen sabe cando chegará a ruína das súas vidas.
23
Tamén estas máximas se atribúen ós Sabios: Dar un xuízo parcial non está ben.
24
A quen lle di ó culpable: —"tes a razón" maldino os pobos, detéstano as nacións,
25
mais os que os reprenden quedarán contentos, e virá sobre eles a bendición cumprida.
26
Bica nos labios quen responde francamente.
27
Pon orde no teu traballo exterior, arránxate na túa leira; despois poderás construír a casa.
28
Non fagas sen máis de testemuña contra o teu veciño, gústache enganar coa boca?
29
Non digas: —"Farei con el o que el fixo comigo; vaimas pagar conforme ó seu feito".
30
Pasei pola leira do preguiceiro, preto da viña do insensato,
31
e estaba toda inzada de silveiras, toda cuberta de estripos e o valado de pedra derrubado.
32
O velo reflexionei, ollalo foi aprender unha lección:
33
dormes un pouco, moqueas outro pouco, cruzas os brazos un intre para repousar,
34
e achégaseche a pobreza coma un moinante e a necesidade coma un mendigo.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31