bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 30
Proverbs 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 31 →
1
Palabras de Agur, fillo de Iaqueh, o de Masá. Sentencia deste home: —"Non hai Deus, non hai Deus, e estou canso,
2
pois eu son máis unha besta ca un home e non teño discernimento humano;
3
non aprendín Sabedoría nin acadei coñecemento do Santo".
4
Quen ascendeu ó ceo e de alí baixou? Quen recolleu o vento nos seus puños? Quen envolveu as augas no seu manto? Quen afincou os lindeiros da terra? Cal é o seu nome e cal o de seu fillo, acaso o sabes?
5
Toda palabra de Deus está acrisolada, El é un escudo para os que nel se refuxian.
6
Non acrecentes ren ás súas palabras, non sexa que te reprenda e sexas convencido de mentira.
7
Dúas cousas che pido, non mas negues antes de que eu morra:
8
Afasta de min a falsidade e a mentira, non me deas nin pobreza nin riqueza, déixame comer a miña ración de pan,
9
non sexa que, farto, renegue dicindo: —"Quen é ese, o Señor?"; ou que, empobrecido, roube, aldraxando o nome de Deus.
10
Non critiques o criado diante do amo, para que non te maldiga e a teñas que pagar.
11
Hai xente que maldí ó propio pai, e non bendí á súa nai.
12
Hai xente que se ten por limpa, e non se lava da súa cotra.
13
Hai xente que se xulga a si mesma moi importante, que leva a altiveza na ollada.
14
Hai xente con espadas por dentes e coitelos por queixadas, para engulipar os pobres do país e os miserentos, arrincándoos da terra.
15
A samesuga ten dúas fillas: —"Dáme" e "Dáme"! Velaquí tres cousas que non se dan fartas, e unha cuarta que non di: —"abonda!":
16
O Xeol, o seo estéril, terra non farta de auga, lume que xamais non di: — "abonda".
17
Ollos de quen se burla do pai e aldraxa á nai anciá, que lles arrinquen os ollos os corvos e sexan comestos das aguias!
18
Tres cousas hai que me deixan abraiado, e unha cuarta que non entendo:
19
O camiño da aguia polo ceo, o camiño da cobra pola rocha, o camiño da barca pola alta mar e o camiño do varón pola doncela.
20
Tal é o xeito da adúltera: come, limpa a boca e di: —"Non fixen mal ningún".
21
Por tres cousas estremécese a terra, e aínda catro non pode aturar:
22
que un escravo chegue a gobernar, que o insensato se farte de pan,
23
que case a muller odiosa e que a criada leve a herdanza da ama.
24
Catro cousas pequechas hai na terra, e, con todo, máis sabias cós mesmos sabios:
25
As formigas, pobo feble que polo verán asegura a súa mantenza;
26
os teixugos, pobo sen poderío que no entanto furan o seu tobo nas rochas;
27
As lagostas, que non teñen rei e marchan todas ordenadas;
28
A lagarta, que a podes coller coas mans e cóase no pazo real.
29
Tres cousas hai de paso egrexio, e aínda catro de fermoso camiñar:
30
O león, o heroe de entre as feras, que diante de ninguén recúa;
31
o galo, que camiña fachendoso; tamén o arroallo; e un rei diante do seu pobo.
32
Se te ensoberbeciches por lixeireza ou adrede, man á boca!
33
pois, premes o leite e sae manteiga; premes o nariz e sae o sangue; premes a ira e sae a liorta.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31