bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 7
Proverbs 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 8 →
1
Meu fillo, atende as miñas razóns, garda dentro de ti os meus mandatos;
2
observa os meus preceptos para que vivas e o meu ensino coma a meniña dos teus ollos;
3
Átaos ós teus dedos, escríbeos na táboa do teu corazón.
4
Dille á sabedoría: —"Ti es a miña noiva", chámalle á intelixencia: —"Prometida",
5
de xeito que te garde da muller allea e das verbas suaves da estranxeira.
6
Por certo, estaba eu na fiestra da miña casa, ollando pola cancela,
7
e velaquí que descubrín entre os inxenuos, percibín entre os rapazotes, un mozo sen siso
8
Atravesando a rúa na revolta e dirixirse camiño da súa casa.
9
Era entre lusco e fusco, no serán, no escuro da lúa nova.
10
E velaí que lle sae ó encontro unha muller co vestido e xeitos arteiros dunha mala femia,
11
desenvolta e inqueda; os pés non a puideran reter na casa:
12
sexa na rúa, sexa na casa, está sempre a axexar por todos os recantos.
13
Entón aferra nel e bícao e con descaro dille:
14
—"Estaba a preparar un banquete sacrificial, pois hoxe teño que cumprir os meus votos;
15
por iso saín por te invitar, procureite por todas as partes e xa te encontrei;
16
cubrín o meu leito de tapetes, con cobertores de cor, de liño de Exipto;
17
perfumei a alcoba con mirra, áloe e nardo.
18
Ven, embriaguémonos de agarimos ata o amencer, gocémonos cos nosos amoríos,
19
que o meu home non está na casa, vai de viaxe para tempo;
20
levou consigo a bolsa do diñeiro e non volverá ata a lúa chea".
21
Sedúceo ela deste xeito coas súas moitas razóns e arrástrao cos seus labios falaces.
22
E o parviño vai tras ela coma vai o boi ó matadoiro, coma o cervo se enguedella no lazo,
23
coma o paxaro voa cara á trampa ata que a frecha lle atravesa o fígado, sen se decatar que aí lle vai a vida.
24
Polo tanto, filliños, escoitádeme, atendede as miñas palabras:
25
Non dobregues o teu ánimo para os seus camiños, non te extravíes nas súas vereas,
26
que moitos son os feridos que ela guindou, todas as súas vítimas son innumerables,
27
A súa casa é o camiño do Xeol que descende ata as moradas da morte.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31