bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 18
Proverbs 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 19 →
1
O que anda apartado procúrase manías e disente de calquera plano.
2
O necio non se comprace na prudencia, senón tan só nas súas matinacións.
3
Onde chega a maldade, chega o desprezo; coa mala sona chega a aldraxe.
4
Augas profundas son as palabras dun home, canle burbullante, fonte de Sabedoría.
5
Inicuo é favorecer o culpable, e prexudicar o inocente co veredicto.
6
Labios de necio levan a preito, a súa boca chama á liorta.
7
A boca do necio é a súa propia ruína, e os seus labios son para el mesmo unha trampa.
8
Verbas de intrigante son coma lambetadas, que penetran no máis fondo do ventre.
9
O neglixente no seu traballo é irmán do destrutor.
10
O nome do Señor é forte torre: acóllese nel o xusto, e acouga seguro.
11
A facenda do rico é o seu castelo fortificado, considéraa coma unha alta muralla.
12
O corazón do home érguese orgulloso antes da desfeita, pero é a humildade a que precede á gloria.
13
Quen responde unha cuestión antes de escoitar, conseguirá fatuidade e mais vergonza.
14
Animo baril sostén no sufrimento, pero quen soerguerá un ánimo decaído?
15
Mente prudente acada o saber, oído de sabios procura a ciencia.
16
Regalos abren camiños, e levan a ter tratos cos grandes.
17
O primeiro en falar nun preito semella levar razón, ata que chega o outro e fai a réplica.
18
A sorte apaga as contendas, e decide entre os potentes.
19
Irmán ofendido péchase máis ca unha fortaleza, e as liortas son ferrollos de castelo.
20
Do froito da súa boca énchese o ventre do home, e fártase co produto dos seus labios.
21
Morte e vida están no poder da lingua; dos froitos que prefira, xantará.
22
Quen encontra muller encontra un ben, e recibiu favor do Señor.
23
O pobre fala xemendo, o rico responde bruando.
24
Hai compañeiros só para parolar, e hai amigos máis íntimos ca irmáns.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31