bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 16
Proverbs 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 17 →
1
Cousa do home é ordenar os pensamentos, mais a resposta da lingua vén do Señor.
2
Todo o proceder dun home semella recto ós seus ollos, pero é o Señor quen sopesa os motivos.
3
Ofréndalle ó Señor os teus feitos, para que os teus proxectos saian ben.
4
Todo o fixo o Señor cun designio; mesmo ó malvado, para o día da desfeita.
5
O ánimo soberbio aborréceo o Señor, tarde ou cedo non sairá impune.
6
Coa bondade e a verdade púrgase a culpa, e temendo ó Señor evítase o mal.
7
Cando o Señor se comprace no proceder de alguén, mesmo os seus inimigos lle van ofrecer as paces.
8
Máis conta ten ter pouco honradamente, ca moreas de bens con inxustiza.
9
A mente humana proponse un camiño, mais é o Señor quen afianza o paso.
10
Dos labios dun rei sae un oráculo, a súa boca non erra no veredicto.
11
Romana e balanzas xustas son cousa do Señor; asunto seu, todas as pesas da caixa.
12
É un horror para os reis que se cometa un crime, pois na xustiza afíncase o seu trono.
13
Un rei asente ós labios veraces, e tenlles lei ós que falan rectamente.
14
Carraxe de rei: mensaxeiro de morte, o home sabio procura aplacala.
15
As raiolas do rostro do rei traen a vida, o seu favor é coma roibéns de orballo.
16
Moito mellor có ouro adquirir Sabedoría; preferible á prata mercar intelixencia!
17
Vía real dos xustos é o afastarse do mal, garda a súa vida quen vixía a propia conduta.
18
Por diante da desfeita vén o orgullo, e antes da caída, a fachenda.
19
Mellor é ser humilde entre os pobres que ter parte no botín dos opresores.
20
O que as colle ó vó, medra; pero feliz é só quen espera no Señor.
21
O de mente aleuta ten sona de entendido, e a fala doce promove a comprensión.
22
O bo siso é manancial de vida para quen o posúe, pero a crítica dos necios é necidade.
23
A mente do sabio fai atinado o seu falar, polos seus labios progresa a doutrina.
24
Panal de mel son as palabras xeitosas, doces para a gorxa, saudables para os ósos.
25
Coidaba alguén que o seu camiño era recto, e ó remate levaba á morte.
26
A fame do obreiro traballa por el, pois aguilloa a súa boca.
27
Home malicioso cava malicias, coma se un lume alampase nos seus labios.
28
Home perverso provoca liortas,
29
Home violento engana ó seu próximo, conducíndoo por un mal camiño.
30
Quen torce a ollada, matina intrigas; quen remorde os labios, xa fixo o mal.
31
Coroa de gloria son os cabelos brancos, chégase a eles polo vieiro da xustiza.
32
Máis vale o temperado heroe e quen domina a paixón có que conquista unha vila.
33
Reméxense as sortes no pano, mais a decisión vén toda do Señor.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31