bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 3
Proverbs 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 4 →
1
Filliño, non esquezas o meu ensino e garda no ánimo os meus mandatos
2
pois hante acrecentar longura de días, anos de vida e prosperidade;
3
que non te abandone a lealdade constante, cínguea arredor de túa gorxa, escríbea na táboa do teu corazón.
4
Acadarás aceptación e boa sona á vista de Deus e mais dos homes.
5
Confía no Señor con todo o teu ser e non te apoies na propia intuición;
6
teno en conta en todos os teus camiños e El achanzará os teus vieiros.
7
Non te teñas por sabio, teme ó Señor e arreda do mal;
8
Ese será un tónico para a túa saúde e un remedio para os teus ósos.
9
Honra ó Señor cos teus bens, coa primicia de todo canto gañes;
10
encheranse os teus cabazos de gran e as túas pipas estouparán de mosto.
11
Filliño, non rexeites a instrución do Señor, non leves a mal a súa corrección,
12
pois o Señor reprende a quen ama e aflixe ó fillo benquerido.
13
Ditoso o home que dá coa Sabedoría e o que vén dotado de discernimento,
14
pois adquirila é de máis proveito cá prata e de máis ganancia có ouro;
15
é de máis prezo có coral, non se lle compara canto poidas desexar.
16
Na súa dereita leva unha vida longa, na esquerda, a riqueza e a honra.
17
Os seus camiños son deliciosos, os seus vieiros, cheos de paz;
18
é a árbore da vida para os que a aferran, os que a reteñen son felices.
19
O Señor fundou a terra por medio da Sabedoría, afirmou o ceo co discernimento;
20
polo seu saber burbullan as fontes abismais e as nubes destilan o orballo.
21
Meu fillo, non as perdas de vista: pon garda á competencia e á habilidade.
22
Serán vida para a túa gorxa, beleza no teu pescozo.
23
Irás entón seguro no teu camiño sen tropezar co pé.
24
O te ires deitar, non pasarás medo; unha vez deitado, será doce o teu sono.
25
Non che fará tremer un espanto súbito nin a destrución que cae sobre os malvados,
26
pois o Señor estará ó teu carón e gardará da trampa o teu pé.
27
Non lle negues un favor a quen ten dereito a el, cando está no teu poder o concedelo.
28
Non lle digas ó teu veciño: —"Vai e volta outra vez, mañá eu che darei", se tes con que.
29
Non amañes un mal contra o teu próximo cando el vive confiado á túa beira.
30
Non lle poñas preito a ninguén sen motivo, cando non che fixo prexuízo ningún.
31
Non envexes o violento nin adoptes os seus procedementos,
32
pois o Señor aborrece ó perverso, e reserva a súa intimidade para os honrados.
33
A maldición do Señor cae sobre o casal do impío, pero bendí a morada dos xustos.
34
Cos burlóns, búrlase deles, mais demostra o seu favor ós humildes;
35
Os sabios herdan a honra, os parvos gañan a vergonza.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31