bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 10
Proverbs 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 11 →
1
Proverbios de Salomón. Fillo sabio alegra a seu pai, fillo necio dá mágoa a súa nai.
2
Tesouros mal gañados non dan proveito, pero a xustiza libra da morte.
3
O Señor non deixa pasar fame á gorxa do xusto mais porá impedimento ó degoiro dos malos.
4
Man indolente carrexa pobreza, brazo dilixente enriquece.
5
Quen recolle no verán é asisado, quen dorme durante a colleita é unha desgraza.
6
As bendicións para a cabeza do xusto, pero a violencia tapa a boca do malvado.
7
A lembranza do xusto provoca bendicións, mais a sona dos perversos podrece.
8
Home de mente sabia acolle directrices, o de labios necios bótase a perder.
9
Quen camiña a dereitas vai seguro, quen vai polas tortas é atrapado.
10
Quen fai que non ve carrexa dor, quen corrixe na cara constrúe a paz.
11
Manancial de vida é a boca do xusto, mais o parolar dos perversos encobre violencia.
12
O odio acende liortas, pero o amor pasa por riba da ofensa.
13
Nos labios do intelixente atópase a Sabedoría, no lombo do parvo, o fungueiro.
14
Os sabios amorean saber, mais a boca do necio é ruína inminente.
15
A fortuna do rico é o seu castelo ameado, o terror dos pobres é a súa miseria.
16
A paga do xusto é a vida, a ganancia do malvado é o erro.
17
Camiña para a vida quen acepta a instrución, o que refuga a corrección pérdese.
18
É de labios falaces o que acocha xenreiras e quen espalla calumnias é un insensato.
19
Nunha chea de verbas non faltará o erro, o que contén os labios sabe o que fai.
20
Lingua de xusto, prata de lei; matinar de perversos, refugallo.
21
Os labios do xusto pastan a moitos, os parvos morren por falta de siso.
22
É a bendición do Señor a que fai rico e o esforzo non engade nada.
23
Tramar un plano torcido é o xogo do necio, e do home intelixente é a Sabedoría.
24
O malvado vénlle enriba o que teme, ós xustos dáselles o que arelan.
25
Pasou a galerna, esvaeceu o malvado; mais o xusto é un alicerce perenne.
26
Vinagre para os dentes, fume para os ollos; tal é o preguiceiro para quen lle dá un mandado.
27
O Temor do Señor acrecenta días, os anos dos malvados abrévianse.
28
Leda é a expectación dos xustos, a esperanza dos malvados perecerá.
29
Salvagarda do honrado é o poder do Señor, mais é terror para os que fan o mal.
30
O xusto non será endexamais abaneado, os malvados non habitarán a terra.
31
A boca do xusto produce Sabedoría, a lingua mentireira será tallada.
32
Os labios do xusto flúen boa vontade; a boca malvada, dobres intencións.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31