bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 6
Proverbs 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 7 →
1
Meu fillo, se saíches fiador polo teu veciño, ou deches unha aperta de mans por un estraño;
2
se te enguedellaches nas túas propias verbas ou te cazaron con palabras da túa boca,
3
obra deste xeito, meu fillo, e ponte a salvo xa que caíches na man do teu veciño: vai, humíllate e importúnao,
4
non lles deas sono ós teus ollos nin acougo ás túas pálpebras;
5
céibate, coma gacela, do cazador, coma o paxaro da man do trampuzas.
6
Ergue e vai cabo da formiga, preguiceiro, considera o seu xeito, e faite sabio:
7
Ela non ten xefe, nin capataz, nin gobernante;
8
Almacena o seu gran no estío, achega o seu xantar durante a colleita.
9
E ti, nugallán, canto tempo vas durmir? Cando te vas erguer do sono?
10
Un pouquiño a durmir, un pouquiño a adurmiñar, un pouquiño a deitarse cos brazos cruzados
11
e a pobreza chega coma un vagabundo e a necesidade coma un mendigo.
12
Persoa argalleira é o malvado: procede con retranca ó falar,
13
chisca o ollo, fai xogos cos pés e sinala co dedo,
14
trama perversidades e matina o mal, e sempre anda a espallar liortas;
15
por iso lle ha vir de súpeto a desgraza e nun intre será esnaquizado sen remedio.
16
Seis cousas hai que o Señor refuga e mais unha sétima que El aborrece:
17
ollos altivos, lingua mentireira, mans que esparexen sangue inocente,
18
mente que cisma en planos perversos, pernas que corren cara á maldade,
19
quen levanta falso testemuño e quen sementa preitos entre irmáns.
20
Garda, meu fillo, o mandato de teu pai e non refugues o ensino de túa nai;
21
lévaos decote atados á túa conciencia, pendúraos do teu pescozo.
22
Estando de viaxe guiarante; deitado, vixiarante; ergueito, falarán contigo.
23
Pois o mandato é unha candea; o ensino, unha luz, e a instrución correctiva é camiño da vida,
24
para te gardares da muller maligna, da suave lingua da estranxeira.
25
Non areles con paixón a súa beleza, que non te escravice coas súas pálpebras,
26
porque o prezo da rameira é un anaco de pan mais a casada vai á caza dunha vida preciosa.
27
Pode alguén levar lume no peto sen que lle ardan os vestidos?
28
Poderá camiñar sobre ascuas sen que se lle queimen os pés?
29
Pois tal acontece co que se achega á muller do veciño; quen a toque non quedará indemne.
30
Non se aldraxa a un ladrón cando rouba para encher o seu estómago famento,
31
pero se o atrapan terá que restituír o séptuplo, ha de deixar canto teña de valer na casa.
32
Quen comete adulterio cunha muller non ten siso; o que a viola, destrúese a si mesmo;
33
Atopará violencia e infamia, non borrará a súa vergonza,
34
porque os celos inflaman ó marido e non terá piedade cando se vingue,
35
non considerará compensación ningunha, nin aceptará agasallos por moitos que lle mandes.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31