bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 21
Proverbs 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 22 →
1
Coma as canles da auga, a mente do rei está na man do Señor, el víraa para onde quere.
2
Todo o proceder do home semella recto ós seus ollos pero é o Señor quen sopesa os motivos.
3
Facer o recto e o xusto, prefíreo o Señor ós sacrificios.
4
Ollar fachendoso e corazón finchado: o facho dos impíos é o pecado.
5
Os planos do dilixente dan boa renda, pero quen anda ás présas anda ás perdas.
6
Gañar tesouros con lingua embusteira é sopro que foxe e trampa de morte.
7
A violencia dos perversos arrástraos, por se teren negado a practicar o xusto.
8
O proceder do arteiro todo é reviravoltas, mais é recto o facer do home cabal.
9
Mellor é habitar nun recuncho do faiado, ca con muller enredante en casa grande.
10
O instinto do impío tende ó mal, non repara con piedade no seu próximo.
11
Cando o burlón as paga, aprende o inxenuo, mais cando se instrúe a un sabio, el acrecenta seu saber.
12
O xusto controla o casal do malvado, e precipita ós impíos na ruína.
13
Quen peche a orella ó laio do pobre, tamén el berrará e non será escoitado.
14
Regalo baixo corda desvía a ira; e suborno no peto, a máis fera xenreira.
15
É ledicia do xusto o facer a xustiza, e unha desgraza para os malfeitores.
16
Quen desvía do vieiro da prudencia, rematará na compaña dos mortos
17
Quen gusta da esmorga, rematará pobre; e quen se afai ó viño e ó perfume, non enriquecerá.
18
O malvado será o rescate do home de ben, e o traidor, o do home recto.
19
Mellor é morar nun ermo ca ter muller fungona e enredante.
20
Na morada dun sabio gárdanse tesouros desexables e requintados, namentres que o parvo consúmeo todo.
21
Quen procura xustiza e lealdade, acada vida e mais honra.
22
O sabio sabe como atacar un castelo de paladíns, e derrubar a fortaleza na que afiuzaban.
23
Quen controla boca e lingua, garda a súa vida de estreituras.
24
Leva alcume de petulante o fachendoso insolente, que no actuar se pasa de presuntuoso.
25
O degoiro do preguiceiro lévao á morte, pois as súas mans refugan o traballo.
26
Cobiza e máis cobiza todo o día! Só o home de ben dá sen reserva.
27
Sacrificios de impíos son de aborrecer, e aínda máis cando os fan de mala lei.
28
A falsa testemuña desaparece, mais o que sabe escoitar fala para sempre.
29
O perverso pon a forza nas aparencias, o recto afianza a súa conduta.
30
Non hai Sabedoría, nin discernir, nin plano que valla diante do Señor.
31
Aparéllase o cabalo para o día da loita, mais a vitoria é cousa do Señor.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31