bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 31
Proverbs 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
1
Verbas de Lemuel, rei de Masá, coas que o instruíu súa nai:
2
Non, meu fillo! Non, filliño das miñas entrañas! Non, fillo das miñas promesas!
3
Non cedas o teu vigor ás mulleres nin a túa potencia ás que perden ós reis.
4
Non di ben cos reis, Lemuel, non di ben cos reis o beber viño, nin convén a gobernantes o licor,
5
non sexa que, bébedos, esquezan as leis e trastornen o dereito dos miserentos.
6
Dá o licor ó afundido; e viño, ós de espírito magoado,
7
para que beban e esquezan a miseria e non se lembren máis da súa coita.
8
Pronúnciate a favor do mudo e a prol da causa dos abandonados.
9
Abre a boca e pronuncia sentencia xusta, e defende o dereito do coitado e do pobre.
10
Unha muller xeitosa quen a atopará?: o seu valer supera o das perlas.
11
O seu marido pon nela a confianza e non lle han faltar ganancias;
12
procúralle felicidade, e non desgraza, todos os días da súa vida.
13
Consegue lá e liño, e traballa gustosa coas súas mans;
14
é coma os barcos mercantes, traendo de lonxe a súa mantenza.
15
Érguese cando aínda é noite, dando ordes ós da casa e distribuíndo os mandatos entre as criadas.
16
Mira unha leira e mércaa, e co que producen as súas mans planta unha viña.
17
Cingue de fortaleza os seus cadrís e reafirma os seus brazos;
18
decátase de que a súa tarefa prospera e a súa candea non esmorece na noite.
19
Bota as mans á roca e os seus dedos manexan o fuso.
20
Tende a palma ó indixente e achega as súas mans ó mendigo.
21
Non teme polos da casa cando neva, pois todos eles levan roupas dobradas.
22
Fíxose ela mesma os cobertores, e o seu vestido é de liño escolleito e púrpura.
23
O seu marido é estimado no tribunal, cando asenta cos anciáns da bisbarra.
24
Confecciona tea e véndea, e fornece de faixas ós viaxantes.
25
Forza e elegancia son o seu vestido, e ri cara ó día de mañá.
26
Cando abre a boca é con sabedoría, e na súa lingua hai unha instrución piadosa.
27
Está pendente do ir e vir dos da casa, e non xanta un pan ocioso.
28
Érguense os seus fillos e bendícena, e o marido fai a súa loanza:
29
—"Hai moitas mozas de valer, mais ti véncelas a todas".
30
A graza engana e a fermosura esvaece: só a muller que teme ó Señor merece ser loada.
31
Que falen por ela as obras das súas mans, e os seus feitos lle dean honra na praza!
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31