bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 4
Proverbs 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 5 →
1
Escoitade, fillos, a instrución dun pai, dade atención para aprender intelixencia;
2
É unha boa tradición o que vos dou, non esquezades o meu ensino,
3
pois tamén eu fun fillo de meu pai fillo único e querido de miña nai.
4
Cando el me ensinaba, dicía: —"Que o teu ánimo recolla as miñas palabras, garda os meus mandatos e medrarás!
5
Adquire Sabedoría, adquire intelixencia, non as esquezas nin te afastes dos meus ditos.
6
Non a repudies; ela hate gardar; quérea ben e hate protexer.
7
Esencia de Sabedoría é: Adquire Sabedoría! e mesmo por canto teñas, procura a intelixencia.
8
Faille agarimos, e enxalzarate; dálle unha aperta, e encherate de honor;
9
porá na túa cabeza unha diadema xeitosa, darache en agasallo unha coroa espléndida".
10
Filliño, escoita e acolle as miñas razóns para que se che multipliquen os anos de vida.
11
Eu diríxote polo camiño da Sabedoría guíote por un vieiro recto;
12
O camiñares non serán impedidos os teus pasos; se botas a correr non tropezarás.
13
Aférrate á instrución, non a deixes da man; gárdaa, pois nela vaiche a vida.
14
Non collas para o vieiro dos malvados nin te encamiñes pola xeira dos perversos:
15
tíraa da cabeza, non atraveses por ela, dá un rodeo e sigue adiante;
16
pois os tales non dan durmido se non fixeron algunha, non lles vén o sono se non afundiron a alguén;
17
xantan do pan do crime, beben do viño da violencia.
18
Nembargantes o vieiro dos xustos é coma a luz do abrente e vai medrando ata o pleno día;
19
en troques o camiño dos malvados é coma a tebra, non saben contra onde van bater.
20
Meu fillo, está atento ás miñas palabras, tende a orella ó que che vou dicir,
21
non as perdas de vista, gárdaas ben no sentido;
22
son vida para quen dá con elas, e un tónico total para o seu corpo.
23
Por riba de todo garda o corazón pois del burbullan os mananciais da vida;
24
Afasta de ti a fala perversa alonga de ti os labios falsos;
25
que os teus ollos miren dereito e as túas olladas vaian de fronte;
26
ten coidado onde pos as túas pegadas, e sexan firmes todas as túas vías;
27
non vires nin para a dereita nin para a esquerda, arreda os teus pés do mal.
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31