bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 28
Proverbs 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 29 →
1
O perverso foxe sen que ninguén o persiga, o xusto vai seguro coma un león.
2
Polos crimes dun país multiplícanse os seus tiranos, mais cun home intelixente e prudente mantense a orde.
3
Quen oprime o pobre e asoballa os mendigos, é chuvia devastadora que non trae trigo.
4
Os que esquecen a lei, gaban ó malvado; os que gardan a lei, alporízanse contra el.
5
Os homes perversos non queren saber de dereito, os que procuran ó Señor comprenden todo.
6
Mellor é un pobre que se comporta honradamente, do que un rico de vías tortas.
7
Un fillo asisado garda a lei, o amigo de esmorgas avergonza a seu pai.
8
Quen amorea facenda por usura e interese, xúntaa para o que se apiada dos pobres.
9
Quen retira o oído para non oír a lei, mesmo a súa pregaria é de aborrecer.
10
Quen extravía ós xustos por mal camiño, caerá na súa propia cova, mais os íntegros herdarán a felicidade.
11
O rico tense por sabio, mais un pobre intelixente cóllelle as voltas.
12
Cando os honrados medran, grande é a festa; cando os perversos soben, a xente agáchase.
13
Quen esconde as súas faltas, non prosperará; quen as confesa e corrixe, encontrará piedade.
14
Benia quen sempre ten temor reverencial, mais quen endurece o corazón caerá no mal.
15
León bruante, oso esfameado é o gobernante malvado que asoballa a un pobo pobre.
16
Xefe sen intelixencia amorea opresións, o que aborrece a rapina vive longos anos.
17
Quen leva ás costas a carga dun delito de sangue ata a tumba que ninguén o deteña!
18
O de conduta irreprochable está a salvo, o de vieiros tortos caerá no foxo.
19
Quen cultiva a súa leira, fartarase de pan; quen anda ós biosbardos, fartarase de pobreza.
20
Home leal vai cheo de bendicións, o que corre a enriquecerse non o fará sen culpa.
21
Privilexiar a alguén non é honrado, mesmo por un anaco de pan hai quen se fai culpable.
22
Home de ollar torcido apúrase a enriquecer, non se decata de que a penuria se lle bota enriba.
23
Quen a outro reprende, ó remate será máis respectado có que fala con verbas solermiñas.
24
Quen lles rouba ó pai e á nai e di: —"Non é pecado", equipárase a un salteador.
25
Home cobizoso alampa liortas, quen ten fe no Señor medrará.
26
Quen confía no seu tino é parvo, o que procede sabiamente sálvase.
27
Quen lle dá ó pobre xamais carecerá, a quen lle pecha os ollos maldicirano abondo.
28
Cando os malvados soben ó poder, a xente agáchase; cando perecen, multiplícanse os honrados.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31