bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 27
Proverbs 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 28 →
1
Non te gabes do mañá, que non sabes que traerá o hoxe.
2
Lóuvete outro, e non a túa boca; un alleo, e non os teus labios.
3
Peso de pedra, carga de area: máis cós dous pesa a carraxe do tolo.
4
Cruel é a ira; e unha enxurrada, o noxo, pero contra os celos quen se pode manter?
5
Mellor é reproche patente cá amizade acubillada.
6
As feridas de amigo son de lei, os bicos do inimigo son finxidos.
7
Andorga farta patea no mel, para a gorxa famenta é doce o amargo.
8
Pardal que revoa lonxe do niño, é quen anda errante lonxe do seu eido.
9
Perfume e incenso alegran o corazón, a dozura da amizade dálle forza ó espírito.
10
Non desbotes ó teu amigo nin ó de teu pai, e non terás que ir á casa de teu irmán no día da desgraza.
11
Meu fillo, faime feliz sendo sabio, e terei resposta que dar a quen me aldraxe.
12
O asisado ve o perigo, e apártase; os docas tiran para diante, e páganas.
13
Queda ti co seu vestido, pois deu prenda por un alleo e puxo fianza por unha estranxeira.
14
Quen xa de mañanciña saúda ó veciño a berros, é coma se o maldicise.
15
Pingar arreo nun día de orballada e muller rifadora son cousas parellas;
16
quen a retén, retén vento, e recolle aceite na man.
17
Co ferro afíase o ferro, e o home a carón do próximo.
18
Quen coida da figueira, xantará do froito; quen garda ó seu amo, será honrado.
19
Coma as augas reflicten o rostro, así a intención reflicte ó home.
20
Xeol e abismo non se dan fartos, tampouco se enchen os ollos do home.
21
O forno proba a prata; o crisol, o ouro; e o home, a opinión de quen o gaba.
22
Aínda que esnaquices o tolo cun mazo nun morteiro mesturado coa area, non lle tirarás fóra a necidade.
23
Repara ben no aspecto da túa grea e ten boa conta dos teus rabaños,
24
pois a facenda non dura sempre nin as riquezas de xeración en xeración;
25
Apañada a herba e despuntado o gromo, recolleita a forraxe das montañas,
26
os años forneceranche vestido e as cabuxas terán o prezo dunha leira,
27
terás leite de cabra abondo para a túa mantenza para a mantenza da túa casa e sustento das túas criadas.
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31