bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 17
Proverbs 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 18 →
1
Mellor é a codia seca con paz cá casa farta de matanzas e discordia.
2
O criado avisado chegará a mandar nun fillo innobre, e irá ás partes na herdanza cos irmáns.
3
O crisol proba a prata; o forno, o ouro; e o Señor é quen proba os corazóns.
4
O malicioso presta oído a labios argalleiros, e o mentireiro ponlle a orella á lingua maldicente.
5
Quen se burla do pobre, insulta ó seu creador; quen se alegra na desgraza, non quedará impune.
6
Coroa dos vellos son os netos, e adorno dos fillos son os pais.
7
Non di ben no parvo un falar escolleito, moito menos no nobre a fala mentireira.
8
O suborno é un amuleto ós ollos de quen o emprega: onde queira se torne, terá éxito.
9
Quen encobre unha chata, procúrase un afecto; quen repite un rumor, perde un amigo.
10
Unha reprensión ten máis efecto no home asisado, ca cen fungueirazos no parvo.
11
O argalleiro non procura máis ca liortas, pero seralle enviado un cruel mensaxeiro.
12
Atope eu unha osa que perdeu as crías, e non ó parvo na súa tolemia!
13
Quen paga ben con mal, non aparta a desgraza do seu casal.
14
Encetar un preito é coma ceibar a auga: retírate antes que comece o proceso.
15
A quen absolve ó culpable e a quen condena ó xusto, a ámbolos dous aborrece o Señor.
16
De que serve a paga na man dun parvo? Para mercar Sabedoría? —Pero se non ten siso!
17
Un amigo ama en todo tempo, e un irmán nace para a hora da adversidade.
18
O falto de siso vai dando apertas de mans, saíndo fiador por outro.
19
Quen ama a culpa, ama a liorta; quen constrúe a porta alta de máis, busca a ruína.
20
O retranqueiro non atopará a felicidade, e o de lingua falsa irá dar na desgraza.
21
Quen tivo un fillo parvo cargou con boa coita, pois non ten lecer o pai dun tolo.
22
Animo ledo, corpo rufo; o espírito abatido seca a cana dos ósos.
23
O malvado tira do peto o suborno, para desviar o curso da xustiza.
24
O intelixente ten os ollos na Sabedoría, os ollos do badoco andan ós biosbardos.
25
Fillo tordas é mágoa de seu pai, tristura para a nai que o deu.
26
Abofé que non está ben multar o inocente, aínda menos mallar sen xustiza na xente de ben.
27
No aforro de palabras apréciase o sabio, e quen mantén o sangue frío é home de tino.
28
Mesmo o tolo calado pasa por sabio; quen pecha a boca, por intelixente.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31