bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 20
Proverbs 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 21 →
1
O viño excita e a augardente embriaga, ninguén a quen eles acaneen chegará a sabio.
2
Bruar de león é a xenreira do rei: quen nela incorre, xógase a vida.
3
Honor é para calquera desistir dun preito, pois mesmo o último parvo sabe amañar unha liorta.
4
O preguiceiro non ara no outono: busca despois a colleita, e nada.
5
O proxecto é auga profunda na mente do home, o entendido sabe tirala fóra.
6
Moitos proclaman a súa lealdade, mais quen atopa un home de fiar?
7
O xusto procede integramente; Benia os fillos que o sucedan!
8
Asenta o rei na sede do tribunal, e xa coa ollada disipa toda a maldade.
9
Quen pode dicir: —"teño limpa a conciencia, estou ceibe de pecado?"
10
Pesas adulteradas, medidas cambiadas, a ámbalas dúas aborrece o Señor.
11
Polos seus feitos mostra xa un rapaz se o seu proceder é limpo e recto.
12
Oído atento e ollo observador, ámbolos dous son obra do Señor.
13
Non collas gusto ó sono, non sexa que empobrezas; érguete cedo, e encheraste de pan.
14
—"Malo, malo", di o feirante, e despois vai gabándose do trato.
15
Existe o ouro, e moreas de perlas, mais os labios sabidos son un raro tesouro.
16
Cóllelle mesmo o vestido a quen deu aval por un estranxeiro, e tómalle peñor a quen saíu fiador por un alleo.
17
Sábelle ben á xente o pan da falsidade, pero despois a boca éncheselle de cascallo.
18
Os proxectos asegúranse no consello, fai por tanto a guerra con estratexia.
19
Quen vai parolando descobre segredos, non te xuntes co lingoreteiro!
20
A quen maldí do seu pai e da súa nai, esmorézalle a candea na tebra máis fonda.
21
A facenda feita ás presas no comezo, non medrará ó remate.
22
Non digas: —"Hamas de pagar"; afiúza no Señor, que El te axudará.
23
Aborrece o Señor as pesas falsas, nin é xusto pór trampa na balanza.
24
Do Señor proceden os pasos do home, que poderá este saber do seu camiño?
25
Para moitos é unha trampa farfallar: —"Prometido", e pensar só despois de feitos os votos.
26
Un rei sabio aventa os malvados, e fai pasar sobre eles a roda.
27
O espírito do home é candea do Señor, que enxerga todos os recunchos das entrañas.
28
Lealdade e firmeza protexen un rei e na clemencia afinca o seu trono.
29
Gloria dos homes novos é a súa forza, o ornamento dos anciáns son os cabelos brancos.
30
Ferida que sangra purga do mal; e os golpes, o interior das entrañas.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31