bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 25
Proverbs 25
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 26 →
1
Tamén estes son Proverbios de Salomón, transcritos polos homes de Ezequías, rei de Xudá.
2
Gloria de Deus é agachar unha razón, honra dos reis é inquirila.
3
A altura do ceo, o fondo da terra e a mente dos reis non hai quen os abranga.
4
Remove a escoura da prata, e o ourive fará dela unha obra de arte;
5
Aparta ó malvado do servizo do rei, e o seu trono afincará na xustiza.
6
Non te deas aires na presenza do rei nin ocupes os postos dos grandes;
7
mellor é que che digan: —"achégate aquí", que ter que ser deposto diante da nobreza. O que os teus ollos viron
8
non te apures a citalo no proceso, pois que farás ó remate, cando o teu contrincante logre avergonzarte?
9
Arranxa o teu preito co veciño, e non descubras segredos doutro,
10
non sexa que quen te escoite te inxurie e non se poida reparar a túa infamia.
11
Mazás douradas en bandexas de prata son as palabras ditas con xeito.
12
Anel de ouro e alfaia de ouro fino é a reprensión dun sabio para o oído atento.
13
Frescor de neve nun día de seitura é o mensaxeiro fiel para quen o envía: reconforta o ánimo do seu amo.
14
Nubes e vento sen chuvia é quen se gaba de regalar quincalla.
15
Tendo paciencia persuádese a un príncipe, pois unha lingua suave quebra ósos.
16
Se atopas mel, come só o que cómpre, non sexa que te fartes e o vomites;
17
pon o pé de raro en raro na casa do veciño, non sexa que se farte de ti e te aborreza.
18
Maza, espada e frecha afiada é quen testemuña en falso contra o amigo.
19
Moa picada e pé tolleito é afiuzar no traidor o día da angustia.
20
Andar espido nun día de xeada, botar vinagre nunha ferida, iso é o cantar cántigas co corazón magoado.
21
Se o teu inimigo ten fame, dálle pan a comer; e se ten sede, dálle auga a beber;
22
poraslle carbóns ardentes na cabeza e o Señor hache recompensar.
23
O vento nordés pare chuvias; a lingua murmuradora, facianas irritadas.
24
Mellor é habitar nun recuncho do faiado, ca con muller enredante en casa grande.
25
Auga fresca para boca sedenta é unha boa noticia de país remoto.
26
Manancial túrbido e fonte emporcada é o xusto que abranda ante o impío.
27
Non é san darse unha enchente de mel, nin procurar honores tras honores.
28
Cidadela desmantelada e sen muro: o home que non se sabe conter.
← Chapter 24
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 26 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31