bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 26
Proverbs 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 27 →
1
Non vai a neve co verán, nin a chuvia coa seitura, nin di ben o honor co parvo.
2
Coma o pardal a bandada e andoriña a revoar: a maldición inxusta non vai para ningures.
3
A tralla para o cabalo; para o burro, o freo, e o fungueiro para o lombo dos necios.
4
Non respondas ó necio cando fala parvadas, non sexa que te lle asemelles.
5
Respóndelle ó necio cando fala parvadas, non se vaia ter por sabio.
6
Corta as propias pernas e bebe vinagre quen envía recado por medio dun parvo.
7
Abanéanlle as pernas ó tolleito, e o refrán na boca do necio.
8
Coma quen amarra a pedra na fonda, é quen da honra ó necio.
9
Espiñas de toxo na man dun bébedo iso é o proverbio na boca dun parvo.
10
Arqueiro que fere a quenquera que pasa, é quen contrata un parvo ou un bébedo.
11
Coma o can volta ó seu vómito, repite o parvo a súa tolemia.
12
Viches a alguén que se teña por sabio? Aínda hai máis que esperar dun parvo ca del.
13
Di o nugallán: —"Anda un leopardo no camiño; vai un león no medio das rúas".
14
Xira a porta no seu gonzo, e o nugallán no seu leito.
15
O preguiceiro mete a man na cunca, e fáltanlle forzas para tornala á boca.
16
Coida o nugallán que el é máis sabio ca sete dos que responden con siso.
17
Atrapa un can polas orellas quen se enreda nunha disputa allea.
18
Coma tolo que dispara fachicos, frechas e morte,
19
é quen engana a un amigo e despois lle di: —"Estaba a chancear".
20
Por falta de achas, esmorece o lume; ausente o murmurador, apágase a rifa.
21
Coma o fol para as ascuas e a leña para o lume, é o rifador para facer alampar liortas.
22
As verbas do intrigante son coma lambetadas, que penetran ata o máis fondo do ventre.
23
Esmalte que recobre a cunca de arxila son os labios suaves nun corazón perverso.
24
O que odia, coa boca faise pasar por outro, mais no seu interior pon a falsidade;
25
Aínda que suavice a voz, non lle deas creto, pois leva sete perfidias no corazón.
26
Pode encubrirse o odio coa simulación, pero a intención maliciosa descóbrese na asemblea.
27
Quen cava unha cova caerá nela, e a pedra dará enriba de quen a bota a rodar.
28
Lingua falsa amorea vítimas, boca agasalleira leva á ruína.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31