bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 13
Proverbs 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 14 →
1
O fillo asisado acolle a disciplina paterna, o petulante non dá escoita á reprensión.
2
Un home pode xantar abondo do froito do seu falar, mais o degoiro dos traidores é a violencia.
3
Quen garda a boca garda a vida, o laretas busca a súa ruína.
4
Moito arrela o nugallán, mais en van; en troques, a arela dos dilixentes vese cumprida.
5
Odia o xusto as verbas mentireiras, o malvado deshónrase e deshonra.
6
A xustiza garda ó home sen chata, a desgraza bota abaixo ó pecador.
7
Hai quen se fai o rico e non ten nada, e quen pasa por pobre e reborda de bens.
8
Algúns coa riqueza rescatan a vida, o pobre non teme as ameazas.
9
A luz dos xustos refulxe, a candea dos malvados esmorece.
10
O testalán fai xurdir liortas coa súa fachenda, a sabedoría está cos que se aconsellan.
11
Riqueza gañada axiña pouco dura, o que a xunta pouco a pouco acrecentaraa.
12
Esperanza aprazada fai adoecer o corazón, arela cumprida é unha árbore de vida.
13
Quen despreza o mandato arruínase, a quen respecta a norma iralle ben.
14
O ensino do sabio é fonte de vida que afasta das trapelas da morte.
15
O bo senso gaña favores, as maneiras dos falsos son a súa perda.
16
O astuto todo o fai con siso, o parvo espalla necidade.
17
O mensaxeiro malvado fai caer en desgraza, o mensaxeiro fiel leva curación.
18
Pobreza e vergonza para o que desbota a instrución, mais quen escoita a crítica acadará honra.
19
Desexo satisfeito, dozura para o espírito; para os necios é un horror apartarse do mal.
20
Vai onda os sabios: volverás sabio; quen fai compaña ós necios, terá que sufrir.
21
A desfeita persegue ós pecadores, os bos son premiados con felicidade.
22
A herdanza do home bo chega ata os netos, o pecador xunta a fortuna para o xusto.
23
Agra de ricos dá moita mantenza, mais pérdese por falta de xustiza.
24
O que aforra vara, odia ó seu fillo; quen lle ten boa lei dáse présa en corrixilo.
25
O xusto xanta a boca chea, o bandullo dos perversos fica baleira.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31