bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Proverbs 19
Proverbs 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 20 →
1
Mellor é pobre de recto proceder, ca rico de falar retorcido.
2
Vitalidade sen siso non vale ren, pés inquedos dan no erro.
3
A necesidade do home tórceo na súa conduta, e con todo o seu ánimo irrítase contra o Señor.
4
A fortuna amorea amigos, mais o pobre é abandonado polo propio veciño.
5
Falsa testemuña non ficará impune, nin fuxirá o perxuro da xustiza.
6
Cortexan moitos o favor do nobre, todos son amigos para o que fai agasallos.
7
Odian ó pobre todos os seus irmáns; moito máis se apartarán del os veciños! Está aínda a falar, e xa fuxiron.
8
Quen adquire bo siso, ámase a si mesmo; quen garda prudencia, atopará a felicidade.
9
Testemuña falsa non ficará impune, e o perxuro perecerá.
10
Non cadra co necio a boa vida, e menos aínda que un escravo goberne nos príncipes.
11
O home sabio móstrase tolerante, a súa gloria é deixar de lado a ofensa.
12
Bruar de león é a xenreira do rei, mais coma orballo na herba é o seu favor.
13
Fillo insensato, estrago para o seu pai; muller enredante, goteira constante.
14
Casal e fundamento hérdanse dos pais, mais a muller competente dáa o Señor.
15
A preguiza leva ó sono, mais o indolente pasará fame.
16
Quen garda o mandamento, garda a vida; quen rexeita a súa autoridade, morrerá.
17
Quen é bo co pobre préstalle ó Señor, que lle reparará cumpridamente a débeda.
18
Corrixe ó teu fillo mentres haxa esperanza, pero non te deixes levar ata matalo.
19
Quen fai alampar a ira, cargue co castigo: se o deixas pasar por alto, anímalo a repetir.
20
Escoita o consello e acepta a represión, para que ó remate sexas sabio.
21
En moitos proxectos matina o home, mais é o plano do Señor o que se impón.
22
O que se demanda dun home é a lealdade, pois máis vale pobre ca falso.
23
O temor do Señor promove a vida: pódese un deitar farto sen ser visitado pola desgraza.
24
O preguiceiro mete a man na cunca, e xa non ten azos nin para volvela á boca.
25
Malla no burlón, e o inxenuo farase asisado; reprende ó asisado, e acrecentará o seu saber.
26
Quen dá maltrato a seu pai e desbota a súa nai, é un fillo deshonrado e infame.
27
Meu fillo, se deixas de atender a corrección, errarás lonxe das palabras prudentes.
28
A testemuña perversa búrlase da xustiza, as bocas dos malvados engulipan o crime.
29
Para os arrogantes prepáranse fungueiros, e para os lombos dos parvos, zorregadas.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31