bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 1
Ezekiel 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 2 →
1
Desde os trinta anos, no día quinto do mes cuarto, cando eu me atopaba entre os deportados onda o río Quebar, véuseme abrindo o ceo e veño tendo visións de Deus.
2
O día cinco deste mes era o ano cinco da deportación do rei Ioaquín.
3
Veulle a palabra do Señor a Ezequiel, fillo de Buzí, o sacerdote, no país dos caldeos xunto ó río Quebar, e foi alí onde a man do Señor pousou sobre el.
4
Tiven unha visión, e velaí que un vento de tormenta viña desde o norte, unha nube enorme, un lostregueo continuado, un resplandor arredor da nube, e do medio da nube baixaba coma un gran resplandor de ouro branco.
5
Tamén baixaba a figura de catro seres viventes. O seu aspecto era este: tiñan semellanza de homes;
6
cada un deles tiña catro caras e catro ás;
7
As súas pernas eran rectas, e a planta dos seus pés era coma o casco do pé dun becerro e brillaban coma o resplandor do bronce brunido.
8
De debaixo das súas ás botaban vermello de sangue para os catro lados, e as súas caras e as súas ás miraban para os catro lados.
9
As súas ás xuntábanse cada unha coa súa compañeira. Non se volvían ó camiñaren: cada un marchaba de fronte.
10
A forma das súas ás era a de caras de home e de caras de leóns, á dereita dos catro; de caras de touros, vistas desde a esquerda dos catro; e de caras de aguias, os catro.
11
Tales eran as súas caras! As súas ás estaban estendidas cara arriba: cada un deles tiña dúas ás que se xuntaban e dúas que lle cubrían o corpo.
12
Cada un marchaba de fronte, cara onde o Espírito o movía a camiñar, e camiñaba; non se volvía ó camiñar.
13
Velaí a forma dos seres viventes: o aspecto deles era coma o de carbóns ardendo en labarada; coma unha luminaria que se movía; a visión relucía por mor da labarada, e da labarada saían lóstregos.
14
Os seres viventes corrían para un lado e volvíanse para o outro coma lóstregos.
15
Ollei para os viventes e velaí unha roda no chan a carón dos viventes, ós catro lados.
16
O aspecto das rodas e a súa feitura era coma o resplandor dunha perla de crisólito, e a mesma forma era a das catro. O aspecto e a feitura delas era coma se unha roda estivese encaixada na outra.
17
O camiñaren nas catro direccións camiñaban de fronte, non se volvían ó camiñaren.
18
Velaí as súas lamias: eran sublimes e impresionantes! Pois as catro lamias estaban cheas de resplandor por todo arredor.
19
O se moveren os seres viventes, movíanse tamén as rodas xunto con eles; ó se levantaren os seres viventes da terra, levantábanse tamén as rodas sobre o sitio.
20
O Nome era o Espírito do camiñar; camiñaban cara ó mesmo sitio, o Espírito do camiñar e mais as rodas, que se levantaban a un tempo, pois o Espírito de cada vivente estaba nas rodas.
21
O camiñaren, camiñaban a un tempo; ó pararen, paraban a un tempo; e ó levantárense da terra, levantábanse a un tempo, pois o Espírito de cada vivente estaba nas rodas.
22
Sobre as cabezas de cada un dos viventes había algo parecido a unha plataforma, coma o resplandor dun cristal abraiante, estendida por riba das súas cabezas.
23
Por debaixo da plataforma estaban as súas ás estendidas, unha cara á outra; cun par tapaban a cara e co outro tapaban os seus corpos.
24
Es—coitei o ruído das súas ás, fragor de augas caudalosas!, ruído do Todopoderoso! O camiñaren, ruído dunha multitude! Barullo dun exército! O pararen deixaban quedas as súas ás.
25
Do alto da plataforma que estaba sobre as súas cabezas veu un estrondo. O pararen, deixaron quedas as súas ás.
26
No alto da plataforma que estaba sobre as súas cabezas, velaí a visión dunha pedra de zafiro da forma dun trono e sobre esta especie de trono sobresaía cara arriba unha figura co aspecto dun home.
27
Desde o que parecía a súa cintura para arriba, vin coma o resplandor do ouro branco, coma unha especie de lume que lle servía de marco arredor; e desde o que parecía a súa cintura para abaixo, vin coma unha especie de lume e resplandor ó seu arredor.
28
Coma o aspecto do arco que hai nas nubes un día de chuvia, así era o aspecto e resplandor que había ó arredor. Era o aspecto da forma da gloria de Iavé. O ollala, caín rostro en terra e oín unha voz que falaba.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48