bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 10
Ezekiel 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 11 →
1
Entón tiven unha visión: enriba da plataforma que estaba sobre a cabeza dos querubíns había coma unha pedra de zafiro, cun aspecto parecido ó dun trono, que se vía por enriba deles.
2
E faloulle ó home vestido de liño nestes termos: Entra no sitio que hai entre as rodas, no sitio que hai debaixo dos querubíns e enche os teus puños de brasas ardentes, das que hai entre os querubíns, e logo esparéxeas pola cidade. El entrou á miña vista.
3
Cando el, o home, entrou, os querubíns detivéronse á dereita do templo e a nube encheu o adro interior.
4
Entón a gloria do Señor levantouse de enriba dos querubíns, camiño da soleira do templo; o templo encheuse da nube e o adro estaba cheo do resplandor da gloria do Señor.
5
Entón o ruído das ás dos querubíns oíuse ata o adro exterior: era coma a voz de Deus todopoderoso, cando fala.
6
Cando El lle deu ordes ó home vestido de liño, dicíndolle: "Colle lume de entre as rodas, de entre os querubíns", el foi e púxose ó lado dunha das rodas;
7
un dos querubíns alongou o seu brazo por entre os querubíns cara ó lume que había no medio dos querubíns; levantouno e púxoo nos puños do que estaba vestido coa roupa de liño, que o colleu e saíu.
8
Os querubíns aparecíalles debaixo das ás unha especie de man de home.
9
Ollei, e vin catro rodas ó lado dos querubíns. O aspecto das rodas era coma o brillo do crisólito.
10
Este era o aspecto delas: a mesma forma era a das catro, pois unha roda estaba encaixada no medio da outra;
11
ó camiñaren, camiñaban cara ós catro lados; non se volvían ó camiñaren, pois camiñaban cara ó lugar a onde se dirixía a cabeceira, sen se volveren ó camiñar.
12
Todo o seu corpo e as súas costas, as súas mans e as súas ás e mais as rodas estaban cheas de resplandores ó arredor, nas catro caras das súas rodas.
13
A oídas miñas, eles ás rodas chamábanlles "A Roda".
14
Cada un tiña catro caras; as primeiras caras eran caras de querubín, as segundas eran caras de home, as terceiras eran caras de león, e as cuartas de aguia,
15
pois os querubíns podíanse levantar. Estes eran os catro animais que eu vira xunto ó río Quebar.
16
O camiñaren os querubíns, camiñaban as rodas ó seu lado, e nin sequera ó levantaren os querubíns as súas ás para se alzaren de sobre o chan, non se apartaban as rodas do seu lado.
17
O parárense eles, tamén elas se detiñan, e ó levantárense eles, levantábanse tamén elas, porque o espírito dos viventes estaba nelas.
18
A gloria do Señor saíu de enriba da soleira do templo, e púxose sobre os querubíns.
19
Os querubíns ergueron as súas ás e levantáronse do chan, diante dos meus ollos, eles e mais as rodas xunto con eles; logo pararon á entrada da porta do templo do Señor; a gloria do Deus de Israel sobresaía por enriba deles.
20
Estes eran os viventes que eu vira por debaixo do Deus de Israel, xunto ó río Quebar, e deime conta de que eran querubíns.
21
Os catro tiñan catro caras cada un, e cada un catro ás, e forma de mans de home debaixo das súas ás.
22
A forma das súas caras era a mesma có aspecto e sinal das que eu vira xunto ó río Quebar. Cada un camiñaba de fronte.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48