bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 18
Ezekiel 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 19 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Que vos pasa a vós, que andades repetindo este dito na terra de Israel: "Os pais comeron as uvas verdes e os fillos sofren a denteira"?
3
Pola miña vida —é o meu Señor, Iavé quen fala— xuro que vós non volveredes repetir este dito en Israel.
4
Pois, de certo, todas as vidas son miñas; o mesmo cá vida do pai, tamén a vida do fillo é miña; a persoa que peque, esa é a que morrerá.
5
Se un home é xusto, e practica o dereito e mais a xustiza:
6
non come banquetes sacros nas montañas nin levanta os seus ollos cara ós ídolos da casa de Israel; non profana a muller do seu próximo, nin se achega á muller na menstruación;
7
se o tal non explota a ninguén, devolve a fianza da súa débeda, non comete roubo, dálle o seu pan ó famento e cobre ó espido con vestidos;
8
se non presta con usura nin cobra os intereses; se aparta a súa man da iniquidade, e xulga conforme o dereito e a verdade entre home e home;
9
se camiña conforme os meus preceptos e garda os meus mandamentos, practicando a verdade e a xustiza: este certamente vivirá. —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
10
Pero se un xera un fillo asasino, ou se o familiar comete algunha destas cousas
11
Aínda que el non faga ningunha: tal coma comer banquetes sacros nas montañas e profanar a muller do seu próximo;
12
explotar o desgraciado e o pobre, roubar e non volver o peñor da fianza, erguer os seus ollos cara ós ídolos e cometer abominacións;
13
prestar con usura, cobrar intereses, acaso vivirá? —Non vivirá: cometeu todas estas abominacións e morrerá sen remedio; o sangue dos seus crimes volverase contra el.
14
Pero, velaí, un ten un fillo que ve os pecados que fai seu pai, veos pero non se comporta conforme a eles;
15
non come banquetes sagrados nas montañas, non ergue os seus ollos cara ós ídolos da casa de Israel; non profana a muller do seu próximo;
16
non explota, nin retén o peñor da fianza; non rouba, dálle o seu pan ó famento e veste ó espido;
17
Aparta a súa man de provocar aflicións, non cobra intereses nin usura; cumpre os meus mandamentos e camiña polos meus preceptos: este non morrerá polos pecados de seu pai, ben certo que vivirá.
18
O seu pai, xa que oprimiu e roubou ó irmán e xa que non fixo no medio do seu pobo o que está ben, morrerá de certo pola súa iniquidade.
19
Pero vós dicides: "por que non carga o fillo coa iniquidade do pai?" —Porque se o fillo observou o dereito e a xustiza, e se gardou todos os meus preceptos e se os puxo en práctica, vivirá certamente.
20
O que peque será quen morrerá; o fillo non cargará coa iniquidade do pai, o pai non cargará coa iniquidade do fillo; sobre o xusto reverterá a súa xustiza, sobre o malvado reverterá a súa ruindade.
21
Se o malvado se converte de todos os pecados que cometeu, e garda todos os meus preceptos e practica o dereito e a xustiza, vivirá de certo, non morrerá;
22
Todas as maldades que cometeu non se lle terán en conta: por mor da xustiza que practicou, vivirá.
23
É acaso verdade que sinto eu pracer coa morte do malvado, —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e non en que se converta do seu camiño e que viva?
24
Cando o xusto se aparta da xustiza e comete a maldade, e se comporta e vive segundo todas as abominacións que comete o malvado, todas as obras boas que fixo non se terán en conta: polas infidelidades que cometeu e polos pecados que fixo, por eles morrerá.
25
E vós respondedes: "Non é xusto o proceder do Señor". Escoitade, Casa de Israel: —Non é xusto o meu xeito de comportarme? Non é máis ben o xeito de vos comportardes vosoutros o que é inxusto?
26
Cando o xusto se aparta das súas obras de xustiza e comete iniquidades e morre debido a elas, morre debido ás iniquidades que el cometeu.
27
Cando o malvado se aparta da maldade que cometeu e practica o dereito e a xustiza, entón el consegue a vida.
28
Se cae na conta e se aparta da maldade que cometeu, vivirá de certo, non morrerá.
29
E responde a Casa de Israel: "Non é xusto o xeito de se comportar o Señor". —Non é xusto o meu comportamento, Casa de Israel? Non é mais ben o voso comportamento o que é inxusto?
30
Por isto, xulgareivos a cada un de vós conforme o propio comportamento, Casa de Israel, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—. Convertédevos e apartádevos das vosas ruindades, e non teredes o tropezo para caer na iniquidade.
31
Quitade de diante de vós as vosas maldades coas que pecastes, e facédevos un corazón novo e un espírito novo. Por que queredes morrer, Casa de Israel?
32
Non sinto eu pracer pola morte do que morre —é o meu Señor, Iavé quen fala— Convertédevos e viviredes!
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48